- Reivindica o valor social do viño en Galicia, expresado en múltiples representacións da nosa cultura e á “cultura engadida” como un concepto que debería popularizarse
- Sinala que a Festa do Albariño “xa forma parte das grandes tradicións de Galicia” e conta cun gran poder de atracción de visitantes desde hai décadas
O presidente
da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante o transcurso dos actos conmemorativos da LXIV Edición
da Festa do Viño Albariño, que o albariño é un gran “embaixador do noso” e
afirmou que se trata dun “galego internacional” que non teme compararse con
outros viños.
Con esas
verbas Feijóo cualificou a este caldo como un produto con valor engadido que
acopia tradición, esforzo e unha visión do mundo característica, persoal pero
intransferible. Tamén se referiu ao valor social do viño en Galicia, expresado
en múltiples representacións da nosa cultura e á “cultura engadida” como un
concepto que debería popularizarse.
Ademais,
proseguiu destacando que as damas e cabaleiros do Capítulo Serenísimo, do que
ostenta a presidencia honorífica, son gardas privilexiados, e, a este respecto,
recalcou que este ano se suman cinco novos membros: Ángeles Vázquez,
conselleira do Medio Rural; Javier Etchevarría de la Meula, presidente de
Abanca; Florentino Cacheda, un dos referentes internacionais do téxtil galego;
Antonio Méndez Rodríguez, xerente da adega Señorío de Rubiós e o viticultor e bodegueiro
Natalio Figueroa Castro.
Do mesmo
xeito, o mandatario galego dedicou parte da súa intervención a salientar o
labor dos galardoados nas categorías de Follas de Prata: Xose Ramón Abal Varela, Amalia Enriquez
Mariño, Antón Fonseca, Cayetano Otero, Javier Perez Castro e Manuel Galiñanes
Fernández. Así como
a destreza dos Albariñenses de Honra, a Cooperativa Eidosela de Arbo, e Viña Moraima de Barro e a continuidade da tradición
protagonizada polos Xóvenes Albariñenses;
Ivan Gómez Veiga, da bodega Tollodouro de O
Rosal; Susana Pérez López da bodega Pazo San Mauro de O Condado; e Nuria de la
Torre, da Cooperativa Vitivinícola de O Salnés.
Feijóo
volveu incidir en que a Festa do Albariño “xa forma parte das grandes
tradicións de Galicia” e conta cun gran poder de atracción de visitantes desde
hai décadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario