Un novo reto pola diabete, o último que organiza Anedia, levará a Daniel Fernández a intentar percorrer os 120 quilómetros que separan Tui de Santiago de Compostela polo Camiño Portugués en menos de 22 horas.
O atleta partirá as 14.00 horas do sábado desde a ponte internacional de Tui. Pretende ir correndo ata Santiago, co apoio da asociación de nenos con diabete de Galicia, e ten previsto entrar na praza do Obradoiro o domingo sobre as 12 do mediodía.
Con esta proba, este mozo de Gondomar intentará completar os tres retos que se marcou para visibilizar os problemas que teñen no día a día as persoas con diabete, especialmente os nenos. Ao mesmo tempo, busca recadar fondos a través dunha conta aberta en La Caixa para axudar a formación en diabete de monitores e adestradores.
Daniel xa completou o primeiro reto o pasado 16 de xullo percorrendo en bicicleta a distancia, ida e volta, entre Gondomar e Santiago e o 12 de agosto completou o segundo reto cunha maratón de 24 horas sobre a bicicleta por estradas do Val Miñor.
Despois de 11 horas de carreira, Daniel ten previsto parar uns minutos en Pontevedra, na praza da Peregrina, contra a 1 da madrugada do domingo. Alí cenará e contará coa axuda dun fisioterapeuta para recuperarse do cansancio da primeira parte do reto.
Para completar este reto contará co apoio dun dispositivo formado por varios ciclistas do Club de Gondomar, da asociación Amigos da Pontevedrada e de Anedia, a asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia. Tamén colaboran os concellos de Pontevedra e Santiago.
http://pontevedraviva.com/xeral/31117/de-tui-a-santiago-corriendo-diabetes-en-menos-22-horas/

No hay comentarios:
Publicar un comentario