§
Incorpóranse este ano ao programa, que xa desenvolven 79 centros da
provincia
§
Centraranse en actualizar e perfeccionar as competencias profesionais
dos docentes co fin de mellorar a calidade da educación e os resultados
escolares do alumnado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a resolución da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos durante o curso 2016/2017, segundo o cal desenvolverán iniciativas propias neste sentido un total de 77 centros da provincia de Pontevedra. Trátase dos centros que se incorporan este curso á iniciativa, que xa desenvolven outros 79 da provincia pontevedresa.
A Consellería prestará o seu apoio económico e
humano a estes plans de formación a través do Centro Autonómico de Formación e
Innovación (CAFI) e dos centros de formación e recursos (CFR). O obxectivo
destes tipo de formación é que cada centro desenvolva actividades centradas nas
súas necesidades, ao tempo que se propicia unha organización escolar que
favoreza a transformación dos centros en organizacións capaces de aprender e
xerar coñecementos. Os plans centraranse en actualizar e perfeccionar as
competencias profesionais dos docentes co fin de mellorar a calidade da
educación e os resultados escolares do alumnado.
Na convocatoria actual a liña de traballo
prioritaria dos plans de formación é a programación, avaliación e metodoloxías
que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos.
Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:
‘Planificación estratéxica das linguas no centro’; ‘Integración didáctica das
TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación
dixital’; ‘Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados’;
‘Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias’; ‘Actualización
científica e didáctica do profesorado’; ‘Mellora da xestión dos centros (con
especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade’; ‘Programas
europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento’; e
‘Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos’.
Os centros que desenvolverán estas iniciativas
serán o CPI da Cañiza, o CEP de Sabarís (Baiona), o CEIP Amor Ruibal (Barro), o
IES de Barro, o IES Illa de Ons (Bueu),
o CEIP da Torre-Cela (Bueu), o CPI Alfonso VII (Caldas de Reis), o CEP Antonio
Magariños Pastoriza (Cambados), o IES Ramón Cabanillas (Cambados), o CEIP A Rúa
(Cangas), o CEIP de Castrillón-Coiro (Cangas), o CEIP Nazaret (Cangas), o IES
Monte Carrasco (Cangas), o CPI do Progreso (Catoira), o CEIP Souto-Donas
(Gondomar), o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), o CEIP Varela Buxán (Lalín), o IES Mestre Landín
(Marín), o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas, o CEIP de Coirón-Dena (Meaño), o
CEIP de Abelendo (Moaña), o CEIP A Guía (Moaña), o CPI Santa Lucía (Moraña), o
CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos), o CEIP de Atín-Cela (Mos), o CEIP Mallón
(Nigrán), o IES Val Miñor (Nigrán),
o CEIP de Lourido (Poio), o CEIP de Viñas (Poio),
o CEIP Plurilingüe A Reigosa (Ponte Caldelas), o CEIP de Santiago de Oliveira
(Ponteareas), o CRA A Picaraña (Ponteareas), o IES Valle-Inclán (Pontevedra), o CEP Marcos da
Portela (Pontevedra), o
CEIP Praza de Barcelos (Pontevedra), o CEIP
San Martiño (Pontevedra), o CMUS Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), o IES
Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), o IES Gonzalo Torrente Ballester
(Pontevedra), o CEIP Príncipe Felipe (Pontevedra), o CEIP Xunqueira N.º 1 (Pontevedra), o CEIP Plurilingüe de
Igrexa-Chapela (Redondela), o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
(Salvaterra de Miño), IES de Salvaterra de Miño, o CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo), o CEIP de Silleda, o
CEIP de Tebra (Tomiño), o CEP Pedro
Caselles Beltrán (Tomiño), o CEIP Randufe (Tui), o CEIP Plurilingüe de
Guillarei (Tui), o CRA Mestra Clara Torres (Tui), o IES Santa Irene (Vigo), o
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo),
o CEIP Seis do Nadal (Vigo), o CEIP Plurilingüe Igrexa-Valadares (Vigo), o CEIP
Balaídos (Vigo), o CEIP Vicente Risco (Vigo), o IES de Teis (Vigo), o IES
Valadares (Vigo), o CEIP Eduardo Pondal (Vigo), o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo),
o IES Audiovisual de Vigo, a EOI de Vigo, a EEI Vila Laura (Vigo), o CEE
Saladino Cortizo (Vigo), a EEI Monte do Alba (Vigo), o IES República Oriental
do Uruguai (Vigo), o CEIP de Fonte Escura (Vigo), o CIFP Manuel Antonio (Vigo),
a Escola Superior de Arte Dramática (Vigo), o CEIP Virxe do Rocío (Vigo), o
CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa), o IES Castro Alobre (Vilagarcía de
Arousa), o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa), a EOI
Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa), o CEIP de San Bartolomé (Vilanova
de Arousa) e o CEIP de Sestelo – Baión (Vilanova de Arousa).
No hay comentarios:
Publicar un comentario