A ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFERTA DÚAS BOLSAS DE MESTRAS E MESTRES CANTEIROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 22 de julio de 2017

A ESCOLA DE CANTERÍA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA OFERTA DÚAS BOLSAS DE MESTRAS E MESTRES CANTEIROS



A dúas prazas ofertadas pola Escola de Cantería terán unha duración de seis meses con posibilidade de ser prorrogadas outros seis meses máis

A Deputación de Pontevedra vén de convocar dúas bolsas de mestras e mestres canteiros para a Escola de Cantería da institución municipal. Desta maneira, o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases que regulan o procedemento para a concesión destas dúas bolsas que teñen como finalidade completar a formación recibida na Escola de Cantería.

As dúas bolsas de práctica laboral, cunha dotación de 600 euros ao mes, terán unha duración de seis meses e poderán ser prorrogadas por un único período de outros seis meses. As persoas interesadas en acceder a estas bolsas de práctica laboral poderán presentar a súa solicitude nun prazo de 20 días naturais a contar dende o mércores 19 de xullo.

A día de hoxe está aberto o prazo para aquelas persoas que desexen estudar na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, unha alternativa formativa cun alto índice de inserción laboral. De feito, na actualidade, ex alumnas e ex alumnos da escola atópanse a traballar en obras tan emblemáticas como o Capitolio de Washington ou a Sagrada Familia de Barcelona así como tamén o fixeron na Catedral de Westminster de Londres ou na Catedral de Santiago.

As persoas que estudan na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra reciben unha formación completa con materias, ademais de cantería, como modelaxe, escultura, debuxo técnico, debuxo artístico, historia da arte, informática e construción. A formación que o alumnado recibe nesta Escola é eminentemente práctica e así, moitas das súas obras de arte que realizan durante a súa formación, como cruceiros, fitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas, están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal.

O prazo de inscrición na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra permanecerá aberto ata setembro. As persoas interesadas en formarse na Escola deberán ser menores de 35 anos e posuír o título de graduado escolar ou nivel educativo equivalente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario