Ethel
Vázquez avanza a convocatoria das primeiras axudas para a recuperación das
antigas casas de mestres, unha nova liña dentro da estratexia de rehabilitación
do Goberno galego
§
O Goberno galego máis que
duplica este ano o montante do investimento para a rehabilitación de vivendas
§
Os 16 programas de
rehabilitación da Consellería de Vivenda chegan a todos os destinatarios e ás
distintas formas de intervención, desde as reformas interiores e exteriores á
mellora da accesibilidade, pasando pola
recuperación de ruínas e espazos urbanos degradados
§
Proximamente
convocaranse as axudas para ascensores de nova instalación, que cubrirán ata o
60% do custo da instalación, cun máximo de 40.000 euros
§
Por
primeira vez a Xunta subvenciona ata o 100% dos xuros dos préstamos que
soliciten os particulares para a reforma das súas vivendas
§
A estratexia
de rehabilitación refórzase coas axudas da Consellería de Economía, Emprego e
Industria dirixidas á eficiencia enerxética e que subvencionan a renovación de
fiestras, ascensores ou cubertas, entre outras
Máis de 6.300 familias galegas poderán
beneficiarse este ano dos diferentes programas de axuda e fomento da
rehabilitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, que suman un
investimento de 40 millóns de euros nos Orzamentos de 2017, máis que duplicando
o consignado o exercicio anterior.
A estratexia de
rehabilitación refórzase coas axudas da Consellería de Economía, Emprego e
Industria dirixidas á eficiencia enerxética e que subvencionan a renovación de
fiestras, ascensores ou cubertas, entre outras.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda,
Ethel Vázquez Mourelle, explicou esta mañá en rolda de prensa a estratexia de
rehabilitación do Goberno galego, que se completa hoxe coa convocatoria no
Diario Oficial de Galicia das primeiras axudas para a recuperación das antigas
casas de mestres.
Vázquez Mourelle, que estivo acompañada do
director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, detallou o
contido e orzamento dos diferentes
programas cos que o seu departamento busca fomentar a rehabilitación en
Galicia.
A conselleira afirmou que a Xunta aposta pola rehabilitación porque
entende que esta é unha “solución eficiente, sustentable e de futuro á hora de
dar resposta ás necesidades de vivenda da poboación”, que, ao mesmo tempo ten
“unha repercusión directa nas condicións de vida” dos cidadáns, outorgando
“valor engadido ás nosas vilas e cidades” e, funcionando, ademais, como un
“importante factor dinamizador da actividade económica e do emprego”·.
A este respecto, a conselleira sinalou que cada
millón de euros de axudas públicas en materia de rehabilitación pode xerar un
investimento inducido de 3 millóns de euros e a creación de 200 postos de
traballo, cun retorno en tributos e impostos de 1,6 millóns.
Todos
os destinatarios e todos os tipos de
intervención
Ethel Vázquez explicou que os 16 programas de
fomento da rehabilitación creados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda
e reforzados coas axudas da Consellería de Economía, supoñen un paquete
cuantioso en canto a liñas de actuación e recursos que fai posible chegar a
todos os destinatarios, xa sexan particulares, administracións públicas ou
actuacións executadas directamente polo Insituttuo Galego da Vivenda e Solo.
Esa diversidade de programas permite, ademais,
subvencionar todo tipo de intervencións en materia de rehabilitación, xa sexa:
unha reforma exterior (mellora de cubertas, fachadas, fiestras), unha reforma
interior (baños, cociñas, mellora das instalacións eléctricas...), unha obra
para mellorar a accesibilidade (instalación de ascensores...), recuperación de
contornos urbanos e espazos públicos e restauración ou a restauración de
edificios degradados ou en ruínas.
A conselleira de Vivenda concretou os distintos
programas, que aglutinan axudas que veñen de atrás, como as axudas á
rehabilitación nas Áreas de Rehabilitación Integral, que contan con 8 millóns
de euros, ou as axudas ás Vivenda do Camiño, con 2,9 millóns de euros, con
outras axudas novidosas.
Entre esas medidas pioneiras están a subvención
de ata o 100% dos xuros dos préstamos que soliciten os particulares para a
reforma de vivendas, ou o fondo de cooperación cos concellos, dotado con 10
millóns de euros, que permite que os municipios de menos de 50.000 habitantes
accedan a préstamos sen xuros para recuperar edificacións dos seus núcleos
históricos ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación.
Recuperación
de antigas vivendas de mestres
Ethel Vázquez explicou
que practicamente todos os programas de fomento da rehabilitación están en
marcha e hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de
axudas para a recuperación das antigas vivendas de mestres e outros oficios.
Estas subvencións
prevén que a Xunta financie ata nun 90% do custo de rehabilitación de antigas
vivendas de mestres, así como outras vivendas de titularidade municipal co
obxectivo de que se destinen a alugueiro social para a axudar a familias con
poucos recursos.
As axudas están
destinadas especificamente aos concellos de menos de 20.000 habitantes nos que
exista demanda acreditada de vivenda e os municipios poderán recibir ata 40.000
euros por vivenda, elevándose esa contía ata os 48.000 se o inmoble se atopa en
ámbitos históricos ou nos Camiños de Santiago.
Instalación de ascensores
Finalmente, a
conselleira avanzou que nas próximas semanas se convocará a orde de axudas que
queda pendente, destinada a subvencionar a nova instalación de ascensores.
Trátase de axudas autonómicas específicas para a mellora da accesibilidade dos
edificios residenciais colectivos ou vivendas unifamiliares para a instalación
de ascensores ou dispositivos para salvar escaleiras. que poderán cubrir o 60%
da actuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario