A Deputación destina 21.500 €
máis ao programa e, por vez primeira, oferta 400 prazas gratuítas para persoas
con dificultades económicas ou en risco de exclusión social
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a
adxudicación das prazas para participar no programa “En ruta coa Depo”, promovido
polo servizo de Cohesión Social e Xuventude. En total serán preto de 20.000 persoas, 1.000 máis que o ano pasado, pertencentes
a 300 entidades as que gozarán desta actividade que ten por finalidade crear espazos de unión e convivencia a través do impulso
da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas
con diversidade funcional.
“En ruta coa Depo” tamén
pretende impulsar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil,
promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable, así
como rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas
nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a
conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias
estivais.
A Deputación achega a
este programa 260.000 €, 21.500 máis que o ano pasado, e oferta por vez primeira 400 prazas gratuítas para persoas con
dificultades económicas ou risco de exclusión social. En total, “En ruta
coa Depo” consta de 32 alternativas divididas en rutas temáticas, culturais,
marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas
dinámicas e interxeracionais.
As rutas temáticas do
programa “En Ruta coa Depo” ofertan seis alternativas para as entidades. A primeira delas, denominada camelias do Sur,
percorre o Parque Quiñones de León e do Castro en Vigo e o Castelo de
Soutomaior. A segunda alternativa, camelias señoriais, descorre polos Pazo de
Lourizán, Gandarón e Oca na Estrada. A terceira ruta, denominada camelias do
mar, achega ás persoas participantes ós Pazos de Rubiáns, A Saleta e Quinteiro
da Cruz. A cuarta alternativa, denominada prehistoria, percorre os concellos de
Vilaboa, para coñecer a mámoa do Rei; Moaña, para visitar o dolmen de Chan de
Armada e Chan de Arquiña, e Redondela para descubrir a mámoa de Monte Penide. A
quinta alternativa temática, tamén denominada prehistoria, traslada ás
entidades ata Poio, para visitar o Parque arqueolóxico da Caeira, e Marín, para
coñecer os petróglifos de Mogor e o Castro da Subidá. A última ruta temática
permite ás persoas participantes no programa descubrir algúns dos edificios da
Deputación de Pontevedra como o Pazo Provincial, o Palacete das Mendoza, o
Museo de Pontevedra e o Pazo deLourizán.
En canto ás rutas culturais trátanse de 13 alternativas
que permiten coñecer os principais atractivos turísticos de concellos como
Cambados; Salvaterra de Miño e Arbo; Cuntis e Caldas de Reis; Cangas e Bueu;
Silleda; Agolada e Vila de Cruces; Lalín; Meis; A Guarda, Tomiño e Tui; Barro,
Portas, Valga e Catoira; Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz; Moaña e
Vilaboa e A Cañiza e Covelo.
Pola súa banda a Deputación oferta catro alternativas
marítimas. A primeira delas por Arousa, visitando a illa da Toxa, paseando en
barco pola ría con degustación a bordo e coñecendo o Museo da Salga do Grove e
o xacemento da Lanzada. A segunda
alternativa consiste na visita á Illa de
San Simón, ó Museo Meirande, Redondela,o Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio.
A terceira ruta marítima levará ás entidades ata as Illas Cíes así como ata o
conxunto histórico de Vigo e o barrio mariñeiro do Berbés. A última alternativa
achegará ás persoas participantes ata a Illa de Ons e a localidade mariñeira de
Portonovo.
As rutas
adaptadas ofertan tres alternativas para persoas con mobilidade reducida. A
primeira delas por Vigo, percorrendo o centro arqueolóxico Vila Romana de
Toralla, así como o parque de Castrelos, o conxunto histórico e a zona do
Náutico. A segunda alternativa, por Baiona e o seu conxunto histórico, a Casa
da Navegación e os paseos de Monte Boi e marítimo. A última ruta, por
Pontevedra, achega ás interesadas e interesados ó conxunto histórico da cidade
así como ó Museo de Pontevedra a e illa do Corvo.
En canto ás rutas dinámicas a Deputación de Pontevedra
propón tres ofertas. A primeira delas en Nigrán, realizando surf ou kaiak nas
praias de Patos e A Madorra e incluíndo visita ó templo votivo e o arco de
Panxón, ó faro de Punta Lameda e ó miradoiro de Monteferro. A segunda ruta,
polo Morrazo, levará ás persoas participantes ata a praia de Liméns para montar
en kaiak e percorrerá a costa da Vela, Cabo Home, as praia de Melide e Barra e
O Facho. A última das alternativas dinámicas é pola Illa de Arousa, facendo
surf e remo, así como percorrendo a ruta dos Cons, o miradoiro de Con do Forno
e o espazo natural do Carreirón.
Pola súa parte, entre as rutas interxeracionais a
Deputación de Pontevedra oferta tres modalidades do programa “En ruta coa
Depo”. A primeira delas discorre por Pontevedra e Marín, visitando a senda do
río Lérez, Apípolis, a Granxa de Briz, o lago de Castiñeiras e o Ecoparque. A
segunda alternativa leva ás entidades ata Barro, Campo Lameiro e Valga,
visitando o Parque da Natureza do Río Barosa, o Parque Arqueolóxico de Arte
Rupestre así como as fervenzas de Raxoi e Pedrafita e a praia fluvial de Ponte
Valga. A última das rutas, por Vigo, transcorre polo parque do Castro, Vigozoo
e a ruta etnográfica de Zamáns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario