Pulsa na imaxe para ver o video
Nun día
festivo e con bo tempo, non todo vai ser ir á praia. Hai milleiros de
opcións en toda Galicia, e mesmo nas Rías Baixas non todo é ir ao mar. O
parque natural do río Barosa, no concello pontevedrés de Barro, é un
dos preferidos para o lecer de nenos e non tan nenos.
Un parque temático en plena natureza con esvaradoiros de auga, piscinas e todos os ingredientes para unha xornada de lecer perfecta en familia ou cos amigos. Este é o parque natural do río Barosa, un conxunto etnográfico composto por dezasete muíños de auga encravados nunha contorna privilexiada.
A recuperación deste espazo hai 15 anos marcou un novo punto turístico nas Rías Baixas, a catorce quilómetros de Pontevedra e seis de Caldas de Reis. De feito, estase a converter grazas ao boca orella en parada case obrigada para os peregrinos que van camiño de Santiago.
E para os paseantes, o sendeiro dos muíños do Barosa percorre tres quilómetros e medio pasando por 17 muíños da Idade Meedia que abastecían de fariña ao mosteiro compostelán de San Martiño Pinario.
http://www.crtvg.es/informativos/o-parque-natural-do-rio-barosa-un-dos-preferidos-para-o-lecer-de-nenos-e-maiores

No hay comentarios:
Publicar un comentario