A XUNTA FINANCIA CON 10 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CONSTRUÍDO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 15 de julio de 2017

A XUNTA FINANCIA CON 10 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CONSTRUÍDO




§  O Goberno galego concederá préstamos sen xuros, para actuacións de rehabilitación de competencia municipal
§  Os concellos poderán solicitar o financiamento dende mañá, mércores día 12, ata o 31 de outubro

A Xunta financiará con 10 millóns de euros aos concellos de menos de 50,000 habitantes, co fin de subvencionar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como, no seu caso, a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dita Resolución pola que se realiza a convocatoria para 2017 do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, para máis información consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/Tv2zvi.

O obxectivo deste Fondo de cooperación é facilitar que os concellos acometan actuacións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, co obxecto de recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación, como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio en aras de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que podan dispoñer dunha vivenda digna e axeitada.

Esta medida contribuirá a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios das vivendas desatendan as súas obrigas. Nestes caso, a normativa vixente permite aos concellos actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas, pero moitos concellos non exercen o seu dereito por non dispoñer do financiamento necesario, ao que agora poderán acceder, con xuro cero, a través deste Fondo de cooperación.

A través deste Fondo de cooperación, o Executivo autonómico concederá préstamos sen xuro aos concellos para realización de diversas obras de rehabilitación de edificacións, co compromiso das administración locais de devolver as cantidades percibidas.

Con cargo ao fondo de cooperación poderán financiarse as seguintes actuacións:

1.      Actuacións promovidas polos concellos no desenvolvemento das  competencias que lles atribúe a lexislación urbanística, en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
2.      Actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
3.      Adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.


Os concellos interesados en solicitar financiamento do Fondo de cooperación deberán solicitar da Consellería de Infraestruturas e Vivenda a sinatura dun acordo de adhesión a dito Fondo no que constarán as actuacións a realizar polo concello, a contía a dispoñer, o prazo e condicións de reintegro e demais condicións para o acceso ao fondo.

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos comezará mañá e rematará  o 31 de outubro de 2017, e en todo caso, no momento que se esgote o crédito orzamentario.



SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


No hay comentarios:

Publicar un comentario