A XUNTA MANTÉN O COMPROMISO PARA APOIAR O FUNCIONAMENTO E EQUIPAMENTO DAS AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 10 de noviembre de 2021

A XUNTA MANTÉN O COMPROMISO PARA APOIAR O FUNCIONAMENTO E EQUIPAMENTO DAS AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL


      O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao encontro de voluntarios de Protección Civil da provincia de Pontevedra

      O Goberno galego leva investidos nos últimos anos 11M€ no reforzo do material das AVPC da comunidade e 4M€ nos seus gastos de mantemento

      A Xunta tamén colabora a través da AGASP coa formación necesaria para os voluntarios destas agrupacións

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao Encontro de Voluntarios de Protección Civil da Provincia da Pontevedra organizado pola Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra, no que tamén se presentou a nova xunta directiva da entidade.

Santiago Villanueva destacou a importancia destas xornadas para achegar á sociedade o traballo altruísta que día a día levan a cabo os voluntarios de Protección Civil para velar pola seguridade dos seus veciños. Por iso, lembrou tamén os máis de 100.000 operativos realizados durante os meses máis duros da pandemia do coronavirus para a entrega de alimentos e medicamentos, o acompañamento de persoas que viven soas ou a desinfección de espazos públicos.

O investimento do Goberno galego nos últimos anos para dotar e reforzar o material de emerxencias das AVPC na comunidade e tamén dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) supón case 60 millóns de euros.

No caso das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, a Xunta mantén o seu compromiso con este servizo cun investimento de 15 millóns nos últimos anos, dos que 11 millóns se corresponden co reforzo e mellora do seu equipamento para realizar as súas intervencións con tódalas garantías e os 4 millóns restantes destinados a sufragar os seus gastos de funcionamento.

Este ano, o Goberno galego xa publicou unha orde de axudas de 1 millón de euros para a cesión de novo equipamento ás agrupacións de Protección Civil da comunidade e destinará 340.000 euros aos seus gastos de funcionamento, ademais de apoiar as actividades do Xacobeo 21-22 nas que participen para garantir a seguridade.

Santiago Villanueva lembrou que os efectivos destas agrupacións teñen á súa disposición a formación que presta a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) co curso básico para obter o carné de voluntario como con formación continua para actualizar os seus coñecementos.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario