AS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “CONECTADAS” CONTINÚAN ESTA SEMANA EN VINTE CONCELLOS E COA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 500 MULLERES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 30 de septiembre de 2023

AS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “CONECTADAS” CONTINÚAN ESTA SEMANA EN VINTE CONCELLOS E COA PARTICIPACIÓN DE MÁIS DE 500 MULLERES


Os cursos terán lugar en Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, O Grove, Illa de Arousa, Lalín, Meaño, Meis, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo

 

Esta semana desenvolveranse novas accións formativas no marco do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra nas que participarán 519 mulleres dos concellos de Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, O Grove, Illa de Arousa, Lalín, Meaño, Meis, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Rosal, Redondela, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Este ano a iniciativa ten como principal obxectivo potenciar a participación e a promoción de máis de 4.000 mulleres a través de accións formativas que se desenvolverán en 53 concellos da provincia.

Os cursos desta semana empezarán o luns 2 de outubro con nove actividades programadas. 24 membros da Asociación de veciños Bolarqueiros de Noceda (Lalín) formaranse en alfabetización dixital a través dun obradoiro, 12 mulleres da Asociación mulleres en Igualdade de Busto (Lalín) terán un taller de iniciación ao patchwork, 20 mulleres da Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia (Vigo) iniciaranse en pilates, 13 mulleres da Asociación de amas de casa de Tui participarán nun curso de relaxación e manexo do estrés, 24 usuarias da Asociación veciñal Santa Maria de Pazos de Borbén participarán nun obradoiro de ximnasia hipopresiva e 21 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Telleira de Dena (Meaño) realizarán un taller de risoterapia. Os cursos de ioga estarán dirixidos a 25 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Os Pazos (Meis), a 12 usuarias da Asociación de Mulleres en Igualdade do Rosal e a 20 mulleres da entidade cultural Colectivo Espazo 16 (Barro).

O martes 3 darán comezo cinco actividades. O taller de alfabetización dixital impartirase para 16 mulleres da Asociación de veciños cultural recreativa e deportiva de San Salvador de Sobrada (Tomiño) e para 20 da Asociación de mulleres rurais San Vicente de Paul (Illa de Arousa). 18 usuarias da Asociación de mulleres Dorna da parroquia do Cristo da Victoria (Vigo) participarán na actividade de taichi, 13 mulleres da Asociación veciñal Ponte de Mañufe (Gondomar) nun obradoiro de risoterapia e 20 mulleres da Asociación Agrupación cultural deportiva Chan do Monte de San Vicente (Pontevedra) noutro de relaxación e manexo do estrés.

O mércores 4 será a quenda de cinco obradoiros. 18 usuarias da Asociación Española contra el Cáncer do Grove iniciarán un curso sobre ioga, 13 mulleres da Asociación Mulleres en Igualdade de Prado de (Lalín) sobre artesanía en coiro, outras 13 da asociación veciñal deportiva cultural e xuvenil Arcángel San Miguel (Arbo) iniciaranse no patchwork, 20 integrantes da Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo formaranse en administración electrónica e 12 mulleres da Asociación de mulleres rurais de Castrelos “As Saiñas” (Cambados) sobre horta ecolóxica. Este mesmo día, ademais, remata o curso de empoderamento e liderazgo de 13 usuarias da Asociación Érguete de Prevención de condutas aditivas e de Educación e promoción da saúde (Cambados).

O xoves 5 de outubro comezarán catro novos talleres. 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Deza (Lalín) formaranse en administración electrónica, 13 integrantes da Asociación de mulleres creativas de Quireza (Cerdedo-Cotobade) comezarán o curso de ximnasia hipopresiva, 20 mulleres da Asociación Española contra el Cáncer de Redondela o de risoterapia e 15 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbillón (Cambados) o de tarefas do campo.

Para o venres 6 hai cinco comezos programados: tres sobre pintura e dous de risoterapia. Por unha banda, 13 usuarias da Asociación de Mulleres Rurais Fontecarmoa, 16 da Asociación de Mulleres Rurais Os Borrizos de Cornazo (ambas de Vilagarcía de Arousa) e 13 mulleres da Asociación de Mulleres Rurais Arbenses (Arbo), iniciaranse en pintura. Pola outra, 25 mulleres da Asociación de Viúvas Mercedes de la Escalera (Baiona) e 13 da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Lucía de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) comezarán cursos de risoterapia.

E o sábado, 7 de outubro, 25 mulleres da Asociación de veciños de San Gregorio de Corredoira (Cerdedo-Cotobade) realizarán un obradoiro de risoterapia e 17 usuarias Asociación de mulleres rurais A Lagoa de San Vicente do Grove outro de xardinería.

Neste 2023 participan no programa “Conectadas” 219 entidades de 53 concellos da provincia (Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova). Os colectivos beneficiarios puideron escoller entre 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: “Emprende, iniciativas sostibles para o emprego”, “ExpresARTE”, “Conéctate”, “Sementa sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade entre homes e mulleres e teñen unha duración de 35 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario