Comezan os traballos para implantar 500 luminarias LED máis en Barro - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 22 de septiembre de 2023

Comezan os traballos para implantar 500 luminarias LED máis en Barro

Frol e farol

CC BY-NC-SA Juan Mejuto

Este luns deron comezo os traballos de execución do proxecto DUS 5000, co que se implantarán máis de 500 novas luminarias LED en distintos lugares do concello de Barro.

Para este proxecto, no que se leva traballando máis dun ano, captáronse arredor de 260.000 euros de fondos europeos que está xestionando o propio Concello e ao que se engadiron arredor de 30.000 euros das arcas municipais.

Con esta actuación, que está executando a empresa Terca S.L.U, pasarase a tecnoloxía LED de última xeración 513 luminarias do alumeado dos lugares Piñeiro (Valiñas), Mane, A Igrexa, Canai, Bretoña, A Estación e o San Amaro. 

O Concello de Barro leva apostando pola renovación e modernización da súa rede de alumeado público desde o mandato anterior e quere seguir polo mesmo camiño, co obxectivo de "conseguir un mellor servizo e de abaratar o enorme gasto que supón a electricidade para as arcas municipais". Grazas a iso xa se teñen implantado máis de 650 lumarias LED en moitos en moitos lugares do concello e, despois do remate deste proxecto, Barro contará xa cunha boa parte do seu alumeado totalemente renovado.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, síntese "moi satisfeito por por seguir avanzando na modernización da rede de alumeado" e asegura "que desde o Concello estamos a facer todo o que está nas nosas mans para conseguir unha modernización total de toda a rede de alumeado do Concello o antes posible".

https://pontevedraviva.com/xeral/98156/comienzan-trabajos-implantar-500-luminarias-led-mas-barro/

No hay comentarios:

Publicar un comentario