Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 30 de octubre de 2016

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE LEMBRA A NECESIDADE DE DOAR, ESPECIALMENTE DO GRUPO CERO NEGATIVO, NAS XORNADAS PREVIAS Á PONTE FESTIVA DO 1 DE NOVEMBRO



  • Estas datas soen coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios, debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar sangue nas xornadas previas á ponte festiva do vindeiro 1 de novembro. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns do Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal, xa que este grupo sanguíneo é o máis utilizado no tratamento das urxencias.

Os períodos vacacionais como o verán ou o Nadal e as pontes festivas soen coincidir cun incremento na demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios. Esta circunstancia débese ao aumento dos accidentes de tráfico e, paradoxicamente, estes períodos soen rexistrar unha diminución na participación dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 1 de novembro, máis de 30 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Xoves 27 de outubro
Polígono de Pocomaco (A Coruña), Praza de Armas (Ferrol), Laracha, Facultade de Xeografía e Historia (Santiago), CIFP Coroso e Esc. Náutico Pesquera (Ribeira), Begonte, Parga (Guitiriz), Praza da Marina (Ourense), Gondomar, IES Chan do Monte Mogor (Marín), Meaño e Redondela
Venres 28 de outubro
Arzúa, Cee, Praza de Armas (Ferrol), Buño (Malpica), Vilasantar, Chantada, O Barco de Valdeorras, Baiona, Pontecaldelas, Redondela e IES Armando Cotarelo (Vilagarcía)
Sábado 29 de outubro
Arzúa, Celas de Peiro (Culleredo), Praza de Armas (Ferrol), Castro Caldelas e Baiona
Luns 31 de outubro
Coirós, Barrio Os Mallos (A Coruña), Muxía, Bertamiráns (Ames), Boimorto, Praza Maior (Lugo), Pobra  Trives, A Estrada, Arcade (Soutomaior) e Goián (Tomiño)

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE  OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario