Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 10 de noviembre de 2017

ÁBRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NA PRIMEIRA EDICIÓN DO CURSO GRATUÍTO PARA TRANSPORTISTAS DE ANIMAIS VIVOS





O curso, que terá lugar os vindeiros 27, 28 e 30 de novembro e 1 de decembro no Grove, trátase do primeiro dos tres previstos realizar conforme ao convenio subscrito entre a Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar a apertura do prazo, dende este luns 6 de novembro, para inscribirse na primeira edición dos cursos gratuítos para transportistas de animais vivos enmarcado no convenio asinado entre a institución provincial e o Colexio Oficial de Veterinarios e Veterinarias de Pontevedra.

En liñas xerais, o curso vai orientado á expedición do certificado de competencia para condutores e condutoras ou coidadores e coidadoras no transporte de gando por estrada. Así, durante a formación, as persoas asistentes recibirán os coñecementos suficientes para poder superar unha proba obxectiva para a obtención do certificado, de validez indefinida.

Segundo o Regulamento 1/2005 e o Real Decreto 542/2016 os transportistas de animais vivos deben contar cun certificado de competencia para o seu transporte e recibir formación en materia de benestar animal. Ao respecto, o Colexio Oficial de Veterinarios e Veterinarias de Pontevedra é unha entidade autorizada conforme as leis que regulan os cursos de formación en materia de benestar animal que permitan a obtención desta certificación.

O curso, gratuíto, que comezará o 27 de novembro no Grove, será o primeiro dos tres previstos realizar na provincia para formar ás persoas que transportan animais vivos ao abeiro do convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinarios e Veterinarias de Pontevedra.

En total, ofértanse 30 prazas para asistir a esta formación que permitirá a obtención do certificado de competencia para trasladar animais vivos. As persoas interesadas deberán inscribirse no Concello do Grove (adlogrove(concellodogrove.es). As prazas asignaranse en función da orde de entrada da solicitude de participación no curso de formación.

O vindeiro curso gratuíto para transportistas de animais vivos, enmarcado no convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinarios e Veterinarias de Pontevedra, terá lugar en decembro no concello de Caldas de Reis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario