O Barro C.F. informa que saeu o novo calendario de Terceira Rexional para a tempada 2011-2012, onde queda no grupo 15 formando un total de 14 equipos, onde destacan a parte dos ascendidos a falta do Gondar (que se desfixo) e o Portas (que cambiou de grupo).
Equipos como o Poio, Umia, Eiriña ou Dorrón son as novidades no grupo para este ano, que coma sempre, antóxase o máis difícil de Terceira.
O Barro C.F. debutará en "Chan de santos" contra o Atl. Estación o día 2 de Outubro (Domingo de san Breixo), na segunda xornada irá a Combarro e logo ó campo Da Bouza de barrantes para medirse ó Umia C.F. Un comezo xa moi esixente onde o equipo xa terá que mostra-la súa nova cara.
Ata o de agora, o plantel está entrenando ó completo e con moita ilusión con este novo proxecto que se irá definindo pouco a pouco, xa que co novo adestrador, as altas e as baixas (das cales se informará en breve) necesítase un tempo de adaptación, pero as espectativas son boas e esperemos que o equipo estea preparado daquí ó comezo da liga, e para iso faremos todo o que sexa posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario