Onte comezou o curso "Actívate" para mozos, no Concello de Barro, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 11 de septiembre de 2011

Onte comezou o curso "Actívate" para mozos, no Concello de Barro, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

Como xa informáramos nos seu día, sobre os curso Actívate no Concello de Barro, no día de onte comezou o desenrolo da acción formativa, e que consta dos seguintes temas e datas.

Acción Formativa: Informática (Iniciación)
Data inicio: 10/09/2011
Data finalización: 12/11/2011
Días de impartición: 10, 17, 24 de Setembro e 1 ,8, 15, 29 de Outubro  5, 12 de Novembro 2011
Horario: Sábados de 10:30 a 13:30

Obxectivo
Dotar ás persoas participantes dos coñecementos necesarios para ser capaces de obter e procesar información nun ordenador, utilizando as funcións básicas das aplicacións informáticas de oficina e dos servizos de Internet, tanto nas actividades laborais como na vida cotiá.

Contidos
Módulo 1: Introdución á informática. Tipos de ordenadores
Módulo 2: Software. Linguaxe de programación. Sistema operativo.
Organización do disco duro. Carpetas. Aplicacións de Windows.
Imprimir baixo Windows. Paquetes integrados Office.
Módulo 3: Hardware. CPU. Periféricos. Unidades de almacenamento.
Módulo 4: Traballo en redes. Internet e correo electrónico.
Uso do navegador.

Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración co Concello de Barro convoca para o ano 2011 dentro do Programa Activate un curso formativo de Informática: iniciación

Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos, ambos inclusive, preferentemente os que se atopan en situación de desemprego.
Realizarase durante os meses de setembro e outubro, os sábados pola mañá.
Terán una duración de 30 horas.
Inscrición e información na OMIX do Concello de Barro (DNI, Tarxeta demandante de emprego, solicitude cuberta, volante de empadroamento)
O curso desenvolverase dentro do Concello de Barro.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario