O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica hoxe os prazos para a  adquisición dos permisos de pesca en coutos para a temporada 2012. A  Consellería do Medio Rural busca unha maior participación dos  interesados a través da internet, xa que a implantación das novas  tecnoloxías axiliza os trámites e ofrece dun xeito máis rápido e directo  os servizos solicitados polos pescadores, permitindo a celebración dos  sorteos para a concesión dos permisos de pesca nos coutos a través das  solicitudes presentadas a través do sistema telemático.
Á marxe  das solicitudes formuladas por escrito, poderanse presentar solicitudes  telemáticas, achegando o DNI e a licenza de pesca fluvial na dirección  habilitada polo departamento que dirixe Samuel Juárez na páxina web da  consellería, http://www.xunta.es:444/pescafluvial. Nos últimos anos as  solicitudes electrónicas víronse incrementadas notablemente, ao mesmo  tempo que se reducían as solicitudes en papel. Deste xeito, no ano 2011  presentáronse un total de solicitudes, 1.624 en papel e 3.270 a través  da internet, o que supón un incremento dos usuarios do modelo telemático  de 607 en só un ano, o que supón un incremento dun 22,8%.
En  Galicia, a demanda de permisos de pesca para coutos nos primeiros meses  de cada tempada supera á oferta. Tradicionalmente, este proceso supoñía  importantes molestias para os interesados, formándose longas ringleiras  nas oficinas dos servizos de Conservación da Natureza, onde se celebran  os sorteos. Dende hai uns anos, a Consellería do Medio Rural promove que  estes sinxelos trámites non supoñan unha molestia para os interesados,  incentivando o uso das novas tecnoloxías que, pouco a pouco, se van  impoñendo á hora de inscribirse nos sorteos e tamén para elixir os  coutos e o pago dos mesmos.
Sorteo e prazos 
En  cada servizo provincial de Conservación da Natureza realizarase un  sorteo de salmón (permisos de coutos de salmón, con ou sen morte) e un  sorteo de troita (que incluirá os permisos de troita, reo, pesca  intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no anterior). A  presentación das solicitudes ten como data límite o 30 de setembro. Para  cada sorteo, poderán presentarse solicitudes individuais ou en grupo,  cun máximo de tres solicitantes por grupo. Quen participe só poderá  figurar nunha solicitude para cada un dos sorteos. As solicitudes que se  presenten por duplicado figurarán como unha única, agás cando teñan por  obxecto diferentes sorteos.
Os sorteos celebraranse o 10 de  novembro, de xeito aberto. A solicitude que se corresponda co número  extraído será a primeira en elixir e continuarase a elección por orde  correlativa. A cada solicitante notificaráselle o día e mais o rango  horario en que poderá escoller os permisos. Os resultados dos sorteos  tamén se poderán consultar a través da internet, introducindo o DNI do  solicitante na páxina web http://www.xunta.es:444/pescafluvial.
martes, 6 de septiembre de 2011
New
PESCA FLUVIAL: Aberto o prazo para a adquisición dos permisos de pesca en coutos para a temporada 2012
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
ríos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario