"Ninguén está a destruir as excavacións castrexas" do Monte da Chan, segundo o político local do PP Faustino Batallán. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 29 de septiembre de 2011

"Ninguén está a destruir as excavacións castrexas" do Monte da Chan, segundo o político local do PP Faustino Batallán.

Cun titular chamado "A verdade en fotos", o político local do PP de Barro, Faustino Batallán quere demostrar mediante un reportaxe fotográfico publicado no seu facebook , que a denuncia aparecida en distintos medios sobre as obras no Castro da Chan do Monte ten un componente "persoal máis que outra cousa".

Entre outras cousas, o membro do Partido Popular afirma que "se está adecuando un terreo de xogo, o chamado "Campo do Fentaliño" que todos os veciños de Agudelo coñecen e os máis vellos saberán que o Sr. Cura Cancela, foi o que o bedenciu" en referencia ós usos que no seu día se lle daban a ese espacio.

Nas fotos remitidas, pódense ver restos das excavación feitas nos meses de xullo e agosto do 2007, e que foron subvencionadas polo Concello de Barro, e trás as mesmas os propios investigadores decidiron volver a cubrilas para conservar o seu valor histórico.

Tamén deixa caer un comentario intencionado no que afirma o seguinte "aínda hai máis que falar ó respecto, pero iso para outro día. Agora os de sempre que opinen, e que saquen a careta e se poñan diante".







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario