A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, ven de programar unha serie de actividades culturais, gastronómicas e turísticas no primeiro semestre de 2013 coas que se pretende dinamizar a actividade social do noso concello.
A Xunta Directiva da AC estudou varias propostas das cales quedaron aprobadas as seguintes:
Saramagal+Barosa GastroNatural: Degustación gastronómica e da cervexa artesán Saramagal no entorno da Muiñada de Barosa, no local de Barosa Gastronatural. Data: 23 de Febreiro de 2013.
Barro de Tapas. 2ª Edición: Ruta gastronómica de tapas por Barro. Do 15 ao 24 de Marzo de 2013.
Torneo de Baile Deportivo en Barro: Organizarase na primavera do 2013 (pendente de datas, xa que será unha proba puntuable a nivel nacional) un torneo de baile deportivo en Barro no que participarán as grandes promesas de Barro, Alba Triñanes Corredoira, Santi Barreiro Sabarís e Víctor Sánchez Oubiña. Esta actividade contará na súa organización coa colaboración de BT Troula de Meis, os mesmos bailaríns, e Patricia Corredoira e María Sabarís. Data por determinar, se ben manéxase o mes de maio, pendente de confirmar coa Federación de Baile Deportivo.
Tamén preténdese abarcar o campo da cultura e contaremos coa colaboración nun Ciclo de Conferencias con persoeiros tan importantes como o mestre e escritor Adolfo Caamaño, Fito, que falará sobre a historia de Barosa. Tamén o ex-deputado, mestre, e actualmente diplomático, Francisco Javier Moldes Fontán, falará sobre a historia de Barro coa sua perspectiva persoal. E xa por último, Celestino Lores Rosal, Presidente de la Fundación Camiño de Santiago, que falará sobre o Camiño Portugués que atravesa por Barro. As datas destas conferencias tamén están por determinar, xa que tódalas persoas implicadas teñen unha axenda complexa.
Ademáis a Xunta Directiva da AC, fixo público o nome da gañadora do Barro de Tapas, 1ª Edición, que consistía nunha cea romántica con aloxamento na Quinta de San Amaro en Meaño a quen completase un percorrido e selado en distintos locais, e que recaeu en María Ana Rodríguez González veciña de Barro(Pontevedra).
No hay comentarios:
Publicar un comentario