María Ana Rodríguez,veciña de Barro, gañadora do premio do Barro de Tapas, 1ª Edición - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 8 de enero de 2013

María Ana Rodríguez,veciña de Barro, gañadora do premio do Barro de Tapas, 1ª Edición


Na reunión da Xunta Directiva celebrada en datas recentes no local social da AC Amigos da Fervenza de Barosa, dentro dos distintos puntos da orde do día figuraba a elección do gañador/a do Barro de Tapas, 1ª Edición.

EXTRACTO DA ACTA:

En presencia dos membros da directiva, e de dúas persoas presente axenas á mesma, procedeuse á elección dos boletos gañadores quedando desta maneira:

Gañadora: María Ana Rodríguez González. Barro(Pontevedra)
1er Reserva: Cristina Touriño Guerra. Cuntis(Pontevedra)
2º Reserva: José Sanmartín Soto. Barro (Pontevedra)

Este será a orde para recoller o premio, no caso de renuncia da gañadora. O premio estará suxeito ás condicións de entrega que marcará a AC Amigos da Fervenza da Barosa, en canto a cesión de tódolos dereitos de imaxe e explotación do mesmo e cantas accións de marketing considere oportunas a AC, que figurarán nun documento por escrito que se entregará co premio. A non aceptación das mesmas suporá a renuncia automática ao mesmo, pasando ao seguinte reserva.

Da fé a Secretaria da AC, Begoña Mira González.
VB, Mónica Cons, Presidenta AC


No hay comentarios:

Publicar un comentario