Varios pontevedreses contan a súa experiencia na 
concentración motera invernal Pingüinos, na que este ano se deron cita 
preto de 30.000 persoas
«Saímos ás nove da mañá de Pontevedra e chegamos ao noso destino ás cinco da tarde»
Preto de 30.000 moteros comparten desde o pasado xoves e 
ata este mediodía experiencias na localidade vallisoletana de Ponte 
Duero, moitos deles de orixe galega.
Expertos pilotos, amantes do mundo do motor ou simples afeccionados 
danse cita na XXXII edición do evento, no que teñen lugar desfiles, 
exhibicións, concertos e, sobre todo, moito compañerismo.
Entre este ir e vir de vehículos a dúas rodas, catro pontevedreses do 
club "As Avespas do Lérez": Johnny, Anxo e Jaime, que chegaron a 
Valladolid o pasado venres pola tarde acompañados dunha camioneta 
conducida por un compañeiro, Joaquín, «de apoio logístico, polo que nos 
puidese pasar», asegura Johnny Güimil.
«Na comida de Nadal do club estivemos falando de vir un pouco de broma 
un pouco en serio, porque nos parecía unha tolemia, pero finalmente 
fixémolo», explica Güimil, que recoñece que é a primeira vez do grupo 
nesta cita motera.
Son preto de 500 quilómetros que percorreron sobre dous vespas e unha 
Lambretta. Para iso pararon ata en cinco ocasiones para encher 
combustible, uns sesenta euros por vehículo en total.
«Saímos ás nove da mañá de Pontevedra e chegamos ás cinco da tarde. 
Fomos a unha media de 70 quilómetros por hora», asegura o pontevedrés, 
veciño de Barro.
A súa moto, unha Vespa, ten 47 anos. Comprouna o ano pasado por 500 euros pero investiu preto de 3.000 en restaurala.
«En toda a concentración haberá como moito unha veintena de vespas», destaca.
En liñas xerais, Güimil valora positivamente a experiencia, xa que os 
concentrados están acampando nun pinar, «e proporciónannos camións con 
leña, caldo quente, hai stands para comprar roupa específica…».
«É un ambiente moi san, porque hai desde xente de veintipocos anos ata 
outros que superan os setenta. É unha ocasión estupenda para coñecer 
xente de moitos lugares», destaca.
Como non podía ser doutro xeito, tamén alí atopáronse con máis persoas 
de Pontevedra. «vimos a xente de Bora, Marín, Pontevedra… Hai muchísimos
 galegos», indica.
"As Avespas do Lérez" conta con 85 socios que teñen vespas ou 
lambrettas. Todos os domingos pola mañá fan unha saída. «Vaia quen vaia.
 Xa sexamos cinco ou quince».
Neste sentido, piden respecto aos condutores. «Na estrada vou con mil 
ollos. Vou máis pendente dos demais que de min mesmo. Coa miña moto non 
adianto a ninguén, adiántanme todos a min», di.
domingo, 13 de enero de 2013
New
"En vespa do Lérez a Valladolid" .Entrevista a Johnny Güimil de "As Avespas do Lerez"
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
motor
Etiquetas:
barro,
Johnny Güimil,
motor
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario