O grupo de traballo constituido para a posta en marcha do Servizo Provincial de Recollida e Tratamento de residuos mantivo hoxe mércores, ás 11 horas, unha xuntanza de traballo na Sala de Comisións da Deputación de Pontevedra.
A xuntanza da cumprimento ao acordo adoptado no Pleno da Corporación Provincial celebrado o pasado 28 de decembro polo que o BNG e o PP rexeitaron cos seus votos a moción presentada polo PSOE que pedía a retirada do plan provincial de recollida de lixo e tratamento de puntos limpos que está a poñer en marcha a Deputación de Pontevedra.
No devandito pleno, acordouse que a institución provincial seguise a liderar este plan e que se constituise un segundo grupo de traballo e seguimento da iniciativa do organismo provincial a maiores dun primeiro grupo que xa veu funcionando con periódicas xuntanzas de alcaldes de todas as cores políticas.
Para o acto de hoxe foron convocados, como se acordou, tres representantes do grupo provincial do PP, dous do do BNG e dous do grupo provincial do PSOE, ademáis de técnicos da Deputación.
Entre os asuntos que foron abordados nesta xuntanza de mañá figuraban un informe coas últimas actuacións realizadas en relación á posta en marcha do servizo; un novo borrador do convenio marco de adhesión ao plan provincial; e o borrador do regulamento do servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario