A XUNTA COMUNICA AO PRESIDENTE DA AUTORIDADE
PORTUARIA DE MARÍN O MÁXIMO INTERESE EN AXILIZAR A TRAMITACIÓN DO PLAN ESPECIAL
DO PORTO
§
Durante a xuntanza, a
secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladoulle a
situación na que se atopa a tramitación deste documento, que se
aprobou inicialmente e que xa se someteu a información pública
§
Trátase dun documento necesario
para garantir unha eficiente explotación do espazo portuario, o seu
desenvolvemento, e a súa conexión cos sistemas xerais de transporte terrestre
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e
Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, reuniuse esta mañá co presidente do Porto de
Marín, José Benito Suárez Costa, para abordar o estado actual do Plan Especial
do Porto de Marín, e subliñou o máximo interese por parte da Xunta de axilizar
este documento. Durante a xuntanza, a representante da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicoulle a situación na que se atopa
a tramitación deste documento, que xa se aprobou de forma inicial o pasado
mes de agosto e foi sometido a información pública.
Unha
vez recollidas a totalidade das alegacións, estudaranse e incorporaranse as que
sexan aceptadas. Polo momento, presentaron alegacións os concellos de
Pontevedra, Marín e a APDR, Asociación pola Defensa da Ría.
Ademais,
o departamento que dirixe Agustín Hernández vén de solicitar os informes
sectoriais a distintos organismos como á Deputación de Pontevedra, Puertos del
Estado, Costas, á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Augas de Galicia,
Ferrocarrís e Pesca, entre outros; e deu audiencia aos concellos implicados:
Marín, Pontevedra, Bueu, Moaña, Vilaboa, Ponte Caldelas, Barro, Meis, Poio,
Campo Lameiro, Soutomaior, Cotobade, Cangas e Sanxenxo.
Posteriormente, procederase, por parte da Secretaria
Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a emitir un informe xurídico e
técnico e levarase a cabo a aprobación provisional do documento. Así mesmo,
darase traslado aos concellos e á Autoridade Portuaria para que se pronuncien
sobre o documento e, finalmente, levarase a cabo a aprobación definitiva polo
conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
Antecedentes
Sobre o Porto de Marín pesan dúas sentenzas que
anularon, respectivamente, o Plan Especial do Porto do ano 2000 e a
Modificación do Plan Especial do ano 2005. Este documento é necesario para a ordenación urbanística do
sistema xeral portuario, e inclúe, entre outras determinacións, as
medidas e previsións necesarias para garantir unha eficiente explotación do
espazo portuario, o seu desenvolvemento, e a súa conexión cos sistemas xerais
de transporte terrestre.
Como consecuencia da situación derivada da ausencia de
Plan Especial, a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, está a
impulsar un novo Plan Especial, correspondendo a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas a súa tramitación por afectar a dous municipios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario