MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS PROVINCIAIS DO
PARTIDO POPULAR (PP), PARTIDO SOCIALISTA OBREIRO ESPAÑOL-PARTIDO DOS
SOCIALISTSA DE GALICIA (PSOE-PSdG) E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) AO
PLENO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SOBRE A LIBERACIÓN E DESBLOQUEO DOS
PRODUTOS FINANCIEIROS DE NOVAGALICIABANCO
Os
grupos provinciais da Corporación Provincial de Pontevedra, ao abeiro
da lexislación vixente, presentan diante do Pleno da Deputación de
Pontevedra esta moción conxunta relativa á liberación e desbloqueo dos
produtos financieiros de NovaGaliciaBanco.
PROPOSTA DE ACORDOS
1.-
Manifestar o apoio da Deputación de Pontevedra, e de toda a súa
Corporación, aos afectados/as polas participacións preferentes na súa
xusta reclamación de que lles devolvan os cartos na súa totalidade.
2.-
Instar á Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Comercio, e ao Goberno do
Estado a que sigan a adoptar medidas efectivas de protección dos
clientes de entidades financieiras que investiron os seus aforros en
instrumentos financieiros opacos, sen que por parte das entidades fosen
informados debidamente dos riscos do produto e sen que se cumprisen as
demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que poidan recuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posible.
3.-
Instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores,
ao obxecto de que promova unha solución para a recuperación do
investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes
en Galicia.
4.-
Instar á entidade financieira NovaGaliciaBanco a promover unha solución
para os subscritores de participacións preferentes que desexen
recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a
recuperación íntegra do investimento realizado.
5.-
Esixir a depuración de responsabilidades aos executivos e directivos
das entidades financieiras que impulsaron e cometeron fraude masivo aos
pequenos aforradores.
6.-
Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa
MIFID (Directiva sobre mercados de Instrumentos Financieiros)
En Pontevedra, a 25 de xaneiro de 2013
Asinado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario