O BNG e o PP rexeitaron hoxe cos seus votos no
Pleno que celebrou a Deputación de Pontevedra a moción do PSOE que pedía a
retirada do Plan Provincial de recollida de lixo e tratamento de puntos limpos que está a desenvolver a
institución provincial.
O portavoz do grupo provincial do BNG, Cesáreo
Mosquera, calificou de <sorprendente> a moción do PSOE e afirmou que
<con estas cousas non hai que enredar>.
Os grupos do PP e do BNG acordaron que a Deputación
siga a liderar o plan provincial de recollida de lixo e que se constitúa un
segundo grupo de traballo e seguimento da iniciativa do organismo provincial.
Invitaron a sumarse a él ao PSOE que non aclarou a súa resposta a esta
invitación. Na actualidade, xa ven funcionando un grupo de seguimento no que
toman parte alcaldes de todas as cores políticas.
O Plan Provincial de recollida de lixo e tratamento
de puntos limpos pretende aforrar costes aos concellos por este servizo,
armonizar tasas hoxe absolutamente dispares en concellos limítrofes e levar a
cabo un mellor tratamento do Medio.
Na actualidade, o servizo de recollida e tratamento
de lixo é moi deficitario nos concellos que levan a súa xestión dun modo
directo. As tasas que aplican só cubren o 40% do coste do servizo, como moito,
e eso sin contar costes indirectos.
Na xestión do servizo hai unha diferencia entre
ingresos e gastos superiores aos 4 millóns de euros anuais, é decir, 16 millóns
nunha lexislatura. Nos concellos que levan o servizo a través dunha concesión
tamén hai un notable déficit. Nestes casos, as taxas só cubren o 60% do coste
do servizo.
Para evitar que nun futuro se produzan situacións
similares, a Deputación penalizará aos concellos que non fagan un esforzó
fiscal necesario para garantir a eficiencia dos servizos públicos. Ademáis, o
novo marco xurídico obriga á sustentabilidade financieira dos diversos servizos
de competencia local. En caso de servizos ineficientes, as deputacións asumirán
as devanditas competencias.
O novo servizo provincial da Deputación garantirá
que a calidade do servizo sexa similar en toda a provincia, prestará o servizo
cos estándares de calidade medioambiental esixidos pola normativa vixente e
reducirá sustancialmente os costes de xeito que sexa viable en termos
económico-financieiros. Orgaizase en catro unidades de xestión e a fracción
resto recolleráse cinco días á semana en zonas urbanas e en tres no rural.
Frecuencias que se incrementarán en épocas estivais, etc..
O custe do servizo, incluido Sogama, estará perto
dos 13 millóns de euros e o estudio económico-financieiro realizado reflicte
unha tasa para vivenda que pode oscilar entre os 25-35 euros ao semestre, cun
cobro semestral e sin distincións zona urbana-zona rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario