A Festa HQR! baixou na tarde de onte o pano da súa undécima 
edición coa satisfación de ver os seus obxectivos cumpridos. Un ano 
máis, a festa do deporte que organiza Diario de Pontevedra bateu marcas e
 superou a cifra de participación de edicións anteriores. Así, nesta 
ocasión, participaron 3.614 pequenos de diferentes clubs da comarca.
Durante a cerimonia de clausura, fíxose entrega das medallas 
aos nenos e nenas que participaron nos torneos de fútbol e fútbol sala 
que se disputaron durante a xornada de onte. Así, un a un foron subindo 
ao escenario os integrantes dos equipos do Barro, Ancora D´Ouro, Marcón 
FS, Poio FS, Barqueiro e Praias de Pontevedra na modalidade de fútbol 
sala; e da Seca, SD Meniños do Domaio, Salgueiriños B, ED Poio, Marcón, 
SCD Salcedo, Salgueiriños C, SD Monteporreiro e Barro, en fútbol. Nesta 
mesma modalidade, en categoría biberón (que na festa acolle aos pequenos
 menores de seis anos), levaron medalla os compoñentes do Barro, Salcedo
 B, Poio A, Ancora D´Ouro A, EF Verdugo, SD Meniños do Domaio, Marcón 
Atlético, Poio B, EF Beluso, Ancora D´ Ouro B e Salcedo A.
Todos eles subiron a recoller orgullosos o premio polo seu 
esforzo e entrega no terreo de xogo. O metal é para todos o mesmo xa que
 a súa finalidade é agradecer a participación na Festa HQR! na que non 
hai vencedores nin vencidos. Na festa do deporte ninguén perde e todos 
gañan xa que o obxectivo é que os pequenos fagan deporte de maneira que 
se divirtan e interactúen con outros nenos. A filosofía deste evento 
pasa por promover unhas xornadas de convivencia entre os máis novos co 
deporte como fío condutor, así, promociónase a actividade física á vez 
que se fomentan valores como a amizade, o compañeirismo ou o traballo en
 equipo.
miércoles, 9 de enero de 2013
New
Os equipos de fútbol da Escola Municipal de Barro recibiron as medallas na Festa HQR!
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
futbol
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario