Trátase dun programa que amplía a oferta de ocio e formación en todas as
parroquias da provincia
·
Actívate pon á
disposición dos mozos de entre 16 e 35 anos un amplo abano de actividades
formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre
A Deputación de Pontevedra aprobou as bases do programa Actívate co obxectivo de seguir
impulsando e diversificando a oferta de formación e de lecer para mozos e mozas
de entre 16 e 35 anos, ante o alto nivel de satisfacción conseguido en edicións
anteriores.
Poderán adherirse os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes,
e cada un deles poderá escoller unha actividade formativa dos máis de 70 cursos
que formarán parte do catálogo que o organismo provincial publicará na súa páxina
web.
Os concellos de máis de 15.0000 habitantes (Cangas, A Estrada, Lalín,
Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo,
Tui, e Vilagarcía de Arousa) terán a posibilidade de escoller dúas actividades
de formación.
A Deputación achega un total de 102.000 euros a este programa, para o cal os
concellos interesados en participar terán a obriga de prestar as súas
instalacións e os medios materiais precisos para o desenvolvemento dos cursos.
Unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, os concellos
disporán dun prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes.
Os beneficiarios serán mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e
35 anos residentes no concello, aínda que tamén poderán participar persoas
doutros concellos ou de idades diferentes no caso de que quedasen prazas vacantes.
As actividades formativas terán unha duración de 40 horas e deberán contar
cun mínimo de 15 alumnos e un máximo de 25. Serán impartidas por unha empresa
especializada na materia, que se encargará de coordinar e avaliar ao alumnado o
cal recibirá un diploma acreditativo trala execución óptima do curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario