Nesta visita os rapaces
e rapazas da escola infantil de Barro (A galiña azul),
viñeron a celebrar con nos o Día do libro. Ás actividades que
fixémos foron:
- Semáforo vermello, semáforo verde, co que lles explicamos as normas da biblioteca. Cada neno mostraba o semáforo vermello cando eran cousas que non se podían realizar na biblioteca e o semáforo verde cando si podían facelas.
Exemplo: correr na
biblioteca (semáforo vermello), escoitar un conto na biblioteca (semáforo
verde).
- Escoitaron varios contos: Cocorico, O coelliño branco e Quieres ser mi amigo?.
- Fixeron un pequeno obradoiro no que colorearon unhas orellas de coello.
Como este ano o tema co que traballa a biblioteca é “En que empregas o teu tempo libre”, levaron como recordo e para utilizar en compañía dos pais, nais ou titores, folletos informativos da provincia de Pontevedra, Rios e rias, Ocio en Pontevedra, Camiño de Santiago, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario