Denuncian a un «home-radar» en Pontevedra no límite con Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 21 de abril de 2014

Denuncian a un «home-radar» en Pontevedra no límite con Barro.



Unha e media da madrugada do domingo. Estrada Pontevedra-Santiago, case no límite con Barro. Un condutor circula co seu vehículo na escuridade da noite, cando de súpeto observa un flash. ¿Cazado? O presunto infractor mira instintivamente polo retrovisor e non dá crédito: o «radar» ponse en pé e bota a andar. A «vítima» chama rapidamente ao 112 para dar conta dos feitos, e infórmanlle de que non é a primeira chamada que reciben e de que xa se puxeron os feitos en coñecemento da Policía.
Unha patrulla procedente de Pontevedra chega ao pouco intre ao lugar onde varios condutores afirman ter vivido a insólita experiencia, pero non achan a ninguén, segundo confirmaron fontes da Comisaría de Pontevedra. Pero ao parecer, tras peitear a zona si atoparon no lugar un disfrace abandonado, presuntamente o que utilizara o bromista.
Non é a primeira vez que suceden feitos deste tipo nas estradas españolas, e adoitan acabar colgados nalgunha páxina de vídeos en Internet.
Hai uns anos, a Voz de Galicia fíxose eco dun caso similar en Narón. Concretamente nunha estrada de Cedeira onde adoita haber bastantes controis da Garda Civil. Sucedeu en Entroido, e entón tampouco se chegou a descubrir quen estaba detrás de broma, pero foron numerosos os condutores que «picaron» co flash e déronse por multados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario