AREEIRO RECOMENDA EXTREMAR A VIXILANCIA ANTE A INMINENTE APARICIÓN DOS PRIMEIROS SÍNTOMAS DE MILDIU NAS VIÑAS DA PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 15 de abril de 2014

AREEIRO RECOMENDA EXTREMAR A VIXILANCIA ANTE A INMINENTE APARICIÓN DOS PRIMEIROS SÍNTOMAS DE MILDIU NAS VIÑAS DA PROVINCIA



En caso de non realizar seguimentos específicos, convén realizar un tratamento antes de que comecen as choivas
·        Durante a fin de semana e o luns, acadouse o desenvolvemento completo do fungo
·        As choivas anunciadas para a fin de semana poden activar os brotes, con maior risco se as temperaturas son altas ou se producen tormentas
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar unha alerta fitosanitaria na que advirte do inminente risco de aparición dos primeiros síntomas de mildiu nas viñas da provincia.
Esta alerta prodúcese dado que o fungo causante da enfermidade xa acadou durante a fin de semana e o luns o 100% de desenvolvemento e, malia que aínda non se detectaron as primeiras manchas nas parcelas de seguimento que Areeiro controla en O Salnés,  o grao de maduración do fungo, unido á predición de choivas para finais desta semana, fai prever que os primeiros síntomas aparezan nos próximos días.
Ante esta situación, recoméndase facer un seguimento das viñas e extremar a vixilancia para detectar síntomas e poder actuar coa rapidez que se require.
Neste sentido, os técnicos de Areeiro recomendan que, no caso de que non se vaia a realizar este seguimento específico, se proceda ao tratamento do viñedo cun funxicida sistémico ou penetrante antes de que cheguen as choivas.
Advirten, ademais de que o risco será maior se as choivas non veñen acompañadas cunha baixada considerable das temperaturas ou se se producen tormentas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario