AMANCIO PRADA, ARDEBULLO, LUÍS EMILIO BATALLÁN E TREIXADURA INICIAN O CIRCUITO DE CONCERTOS DE GRUPOS E CANTANTES GALEGOS DURANTE O MES DE MAIO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 27 de abril de 2014

AMANCIO PRADA, ARDEBULLO, LUÍS EMILIO BATALLÁN E TREIXADURA INICIAN O CIRCUITO DE CONCERTOS DE GRUPOS E CANTANTES GALEGOS DURANTE O MES DE MAIO



·       A programación de maio se inicia en Ribadumia o día 11 e continuará nos concellos de Pontevedra, Baiona, Forcarei, Valga, Vilagarcía, Tui, Cangas, e Redondela
O circuíto de concertos posto en marcha pola Deputación achegará a 9 cantantes e grupos a todas as comarcas da provincia ata o mes de setembro, actividades culturais que moitos concellos medianos e pequenos teñen dificultades para levar ao seu contorno.
No circuíto intervirán os cantantes e grupos seguintes: Amancio Prada, Luis Emilio Batallán, Menú do Día nas Prazas -o espectáculo de humor, debuxo e música que desenvolven Budiño, Carlos Blanco e Luis Davila-, Roi Casal, Treixadura, María do Ceo, Oscar Ibáñez, Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo.
As actuacións levaranse a cabo en prazas e auditorios de vilas da provincia, ata o mes de setembro. O vindeiro 11 de maio actuará Ardebullo en Ribadumia e Ponteareas e o 17 en Baiona. Nesta mesma xornada, o sábado 17, Luís Emilio Batallán en Forcarei e Caldas e Amancio Prada en Pontevedra. Este último actuará en Valga o 18, Tui o 20, Vilagarcía o 21 e en Cangas a xornada do 25. A programación de maio pecharase con Treixadura o 31 de maio en Redondela.
Se trata dunha actividade que complementa as actuacións do Plan Cultural, garantindo preto de 2.000 actuacións nos 62 concellos da provincia. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 150.000 euros, é un xeito de apoiar aos grupos e cantantes galegos que pasan por momentos difíciles a causa da crise económica ademais dun  apoio á promoción da nosa cultura a través dos músicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario