O
obxectivo é que ningunha persoa que o precise e reúna os requisitos, se quede
sen atención
·
A achega da
Administración provincial ao financiamento dos servizos sociais comunitarios
sitúase así nos 2,5 millóns de euros
A Xunta de
Goberno da Deputación de Pontevedra acordou incrementar en 220.000
euros a contía que a Administración Provincial destina ao financiamento dos
servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que
acada así a contía total de 2,5 millóns de euros.
Con esta
achega preténdese dar resposta á demanda que os concellos teñen en materia de
axuda no fogar e evitar que persoas que precisan deste servizo e reúnen os
requisitos queden desatendidas.
A decisión
adoptouse despois de coñecer as necesidades de cada un dos concellos que se
acolleron a estas achegas e que permitiu determinar que a demanda de axuda no
fogar nalgúns concellos requiría dun incremento na partida inicialmente
disposta para este servizo.
Os concellos
beneficiarios poderán ser O Covelo, Catoira, As Neves, Moraña, Cuntis, Ponte
Caldelas, Vilaboa, Valga, Soutomaior, Salceda de Caselas, Silleda, Salvaterra
de Miño, Baiona, Bueu, cambados, Gondomar, Poio, Tui, Sanxenxo, Nigrán e Moaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario