APROBADAS AS BASES DO PROGRAMA DE BALNEARIOS SAÚDE E BENESTAR, NO QUE SE OFERTARÁN 3.000 PRAZAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 4 de abril de 2014

APROBADAS AS BASES DO PROGRAMA DE BALNEARIOS SAÚDE E BENESTAR, NO QUE SE OFERTARÁN 3.000 PRAZAS



A Deputación destina 90.000 euros a esta iniciativa

A Xunta de Goberno vén de aprobar as bases do programa Saúde e Benestar, co que a Deputación de Pontevedra, tal e como indicou o seu vicepresidente, José Manuel Figueroa, pretende, por un lado, ofrecer oportunidades de lecer a prezos reducidos ás persoas maiores e, por outro, contribuír á desestacionalización do turismo.
No marco deste programa, ao que a Administración provincial destina 90.000 euros, ofértanse 3.000 prazas para que os interesados poidan disfrutar de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
Poderán ser beneficiarios do programa as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra de máis de 50, pensionistas e as persoas que precisen dun respiro familiar.
Á hora de conceder a praza terán prioridade as persoas con pensións máis baixas e os de maior idade.
A Deputación subvencionará cada praza con 30 euros e a cantidade restante ata completar o custe total da praza deberá achegala o beneficiario.
O prazo para solicitar participar no programa abrirase unha vez sexa adxudicada a xestión do mesmo e se coñezan os balnearios, spa ou talaso ofertados, así como os prezos da estadía en cada un dos centros ofertados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario