Dotados con 6.000
euros cada un
·
Os galardóns
recoñecen o labor de creación e difusión cultural de artistas e entidades da provincia
A Xunta de
Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a concesión dos Premios
Provinciais á Cultura 2013, cos que esta institución quere recoñecer a aquelas
persoas e entidades que cada ano contribúen a enriquecer e fortalecer o
patrimonio cultural e artístico da provincia.
Entre os galardoados nesta edición figura a escultora e ceramista Elena
Colmeiro González, a quen a institución provincial premia toda unha carreira
profesional no mundo da arte, que a levou a ser recoñecida desde os seus inicios
como unha da mellores ceramistas de España. As súas obras teñen presenza en
numerosos museos e coleccións públicas e privadas de España, Europa e América.
Con tal motivo, a Deputación concédelle o premio provincial á traxectoria
cultural.
Como mellor proxecto innovador ou vangardista, os Premios Provinciais á
Cultura recoñecen o labor da Asociación Cultural pola Creación Artística Enfoques, coa porta en marcha do Festival Play-Doc, que este ano cumpre
unha década de vida, sendo un referente no mundo do documental cinamatográfico.
Trátase dun proxecto independente que achega ao público un cine esencial, ao
tempo que crea un espazo para o diálogo e o intercambio de ideas.
Pola súa banda, o Concello de Barro recibe o premio á protección do
patrimonio público polo seu labor de recuperación e posta en valor do espazo
natural do parque da natureza Río Barosa, conseguindo a reparación dos muíños
de auga e o patrimonio etnográfico e artesanal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario