- Dirixidas a persoas de calquera idade e sexo, as clases terán lugar os martes en horario de 19 a 22 horas.
 
- Os grupos estarán formados por nen@s ata 7 anos, de 7 a 13 anos e persoas maiores de 13 anos
 
- As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
 
- Esta
 actividade organizada pola Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da 
Barosa" na que colabora a ANPA do IES de Barro, surxe pola boa 
aceptación que tiveron as clases impartidas a finais de marzo nos 
centros de educación de Barro.
 
A AC Fervenza da Barosa organiza en Barro clases de baile deportivo
 nas que calquera persoa e de calquera idade poderá apuntarse aos grupos
 que se formarán. Esta actividade na que colabora a ANPA do IES de 
Barro, e que terá un custe de 15€ por persoa ao mes, terá lugar os 
martes entre as 19 e as 22 horas en San Antoniño, Barro, cos seguintes 
horarios e grupos:
 
Nen@s ata 7 anos de 19:00 a 20:00 horas
 
Nen@s de 7 a 13 anos de 20:00 a 21:00 horas
 
Persoas de máis de 13 anos de 21:00 a 22 horas.
 
As
 clases estarán impartidas polos mestres do Clube Galego de Baile, 
BTroula de Meis, que está dirixido por Breogán Pérez. A finais do mes de
 marzo, e como actividade do programa de divulgación de actividades do "
 I TROFEO VAL DO SALNÉS" que se celebrará o día 4 de 
maio, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a 
Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro máis de 300 
rapaces e rapaces do concello participaron nas clases gratuitas que se 
impartiron no CEIP "Amor Ruibal" e no IES de Barro.
As persoas interesadas nestas clases poden
 contactar nos teléfonos 615.437.823 ou 625.212.196 ou tamén nos 
teléfonos da AC Fervenza da Barosa ou no mail 
fervenzadabarosa@gmail.com 
O baile deportivo xa congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e 
máis de 1500 asistentes no  pasado "I Trofeo AC Fervenza da Barosa" de
 baile deportivo. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en
 tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns 
de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario