Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 10 de abril de 2014

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA APELA Á SOLIDARIEDADE DOS CIDADÁNS PARA ACADAR 3.000 DOAZÓNS NA SEMANA SANTA

 
·         Nos vindeiros dez días, as unidades móbiles do CTG visitarán ao redor de medio cento de concellos galegos para conquerir a colaboración dos galegos e galegas
·        Galicia acadou no ano 2013, por 14º consecutivo, a taxa de doazón que recomenda a Organización Mundial da Saúde

O Centro de Transfusión de Galicia promoverá nas xornadas previas aos festivos de Semana Santa a súa tradicional campaña de doazón de sangue, para tentar manter estable a participación dos cidadáns de sangue e co obxectivo de acadar preto de 3.000 doazóns.

As datas festivas sempre coinciden cun incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico, polo que a Consellería de Sanidade, por medio do CTG, reforza as campañas de doazón de sangue para manter o volume de doazóns de sangue.

Para conquerir este obxectivos, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial Bernárdez, indicou hoxe que as unidades móbiles de doazón CTG desprazaranse nos vindeiros 10 días ata preto de medio cento de concellos galegos, existindo, ademais a posibilidade de doar nos puntos fixos de doazón do Centro de Transfusión de Galicia existentes  nas sete grandes cidades galegas.

Os desprazamentos previstos das unidades móbiles do CTG para as vindeiras xornadas son os seguintes:

DATA
CONCELLOS
Mércores 9 de abril
As Pontes, F. Informática e Praza das Conchiñas (A Coruña), F. Ciencias de Educación, Campus Norte e Secretaría Xeral para o Deporte (Santiago), Vilalba, IES García Barbón (Verín), Rúa do Paseo (Ourense), Porriño, F. Ciencias da Educación e do Deporte (Pontevedra) e F. Ciencias Económicas e Empresariais (Vigo)
Xoves 10 de abril
As Pontes, F. Filoloxía e Bº Peruleiro (A Coruña), Camariñas, Praza Roja (Santiago), Pobra do Caramiñal, Praza Maior (Lugo), Beariz, Boborás, Rúa do Paseo (Ourense), ENCE (Pontevedra), Pontecaldelas, Moaña e F. Filoloxía e Tradución (Vigo).
Venres 11 de abril
Arteixo, Cedeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Sada, Burela, A Valenzá (Barbadás), A Guarda, Concello de Vigo (Vigo) e Vilagarcía
Sábado 12 de abril
Cedeira, Rianxo, Sada, Burela, A Guarda e Vilagarcía.
Luns 14 de abril
Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Brión, A Picota (Mazaricos), Narón, Ordes, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, Zona Avda. Portugal e Bª da Cruz Alta (Ourense), Meis, Zona Herrería (Pontevedra) e Zona O Calvario (Vigo).




Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 8.00 ás 15.00
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Datos 2013
No acto de presentación da campaña de doazón en Semana Santa, tanto o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde como a directora do Centro de Transfusión de Galicia, María Inmaculada Rodríguez Calvo, lembraron ademais que as 114.126 doazóns de sangue rexistradas en Galicia no pasado 2013, supuxeron que a nosa Comunidade Autónoma, acadase por 14º ano consecutivo, as taxas de doazón de sangue que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Así mesmo, Félix Rubial indicou que, a pesares do leve descenso do 0,55% rexistrado nas campañas de doazón de sangue desenvolvidas polo Centro de Transfusión de Galicia (CTG) no ano 2013, Galicia mantivo a súa taxa de participación dentro das recomendacións da Organización Mundial da Saúde, con 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, ao tempo que convidou aos cidadáns a participar activamente doando sangue ao longo do 2014 nos locais de atención permanente ao doador das sete grandes cidades galegas e nas dez unidades móbiles do CTG.

Factores sociodemográficos
O director xeral de Asistencia Sanitaria salientou que os factores sociodemográficos como o envellecemento da poboación galega nos últimos anos, o crecemento negativo e a dispersión da poboación (Galicia posúe o 55% dos núcleos poboacionais existentes en toda España), son algúns dos factores que dificultan a organización das campañas de doazón e que poden explicar a diminución das doazóns que experimentou Galicia nos últimos anos.

Non obstante, o responsable de Asistencia Sanitaria apelou á probada solidariedade dos galegos para remontar este lixeiro descenso e incrementar o volume de doazóns de sangue no presente exercicio.

Outros xeitos de doazón
Na presentación da campaña de doazón en Semana Santa, o director xeral de Asistencia sanitaria salientou a elevada participación dos cidadáns no programa de doazón mediante aférese, do que, no pasado ano, se rexistraron 6.812 procesos, aínda que manifestou o interese do Centro en tentar incrementar no presente exercicio o número de doazóns mediante o procedemento da aférese.

A doazón mediante aférese permite a obtención dos diferentes compoñentes sanguíneos por separado e nun mesmo proceso e permite mellorar a calidade transfusional e a asistencia sanitaria a doentes que padecen diferentes enfermidades como o cancro.

Agradecemento
Félix Rubial non quixo deixar de amosar o seu recoñecemento, e o de toda a sociedade galega, a todos os doadores e doadoras, así como a todas as persoas, asociacións e institucións que colaboran nas campañas informativas a prol da doazón de sangue, especialmente ás Irmandades de Doadores de Sangue e salientou o papel dos medios de comunicación na distribución de información vencellada con este xesto solidario.

Tanto o director xeral de Asistencia Sanitaria como a directora do CTG apelaron á solidariedade dos cidadáns para que acudan a doar nestas xornadas previas a Semana Santa e concluíu agradecendo a todos os galegos e galegas a súa inestimable colaboración e a súa xenerosidade como doadores, aínda que lembrou que a doazón de sangue precisa dun compromiso e colaboración constantes polo que, no ano 2014, cifraron en 121.000 doazóns as que precisarán os hospitais galegos para poder levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario