A DEPUTACIÓN APROBA A CONTRATACIÓN DE EMERXENCIA DA REPARACIÓN DAESTRADA MANE-REBÓN (MORAÑA), CORTADA AO TRÁFICO POLOS DANOS DOTEMPORAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de enero de 2014

A DEPUTACIÓN APROBA A CONTRATACIÓN DE EMERXENCIA DA REPARACIÓN DAESTRADA MANE-REBÓN (MORAÑA), CORTADA AO TRÁFICO POLOS DANOS DOTEMPORAL



Estanse realizando os traballos delimpeza da zona e construción dun muro de contención, para reafirmar a estrutura da estrada

Tamén se levarán a cabo actuacións en Figueirido
A Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá en Xunta de goberno a contratación por procedemento de emerxencia das obras de reparación da estrada de Mané-Rebón no concello de Moraña, que se atopa cortada ao tráfico no seu treito final como consecuencia do desplome do terraplén que sustentaba a estrutura da estrada.
Isto supuxo que se fundise unha parte da calzada, quedando a outra moi inestable e con grave risco de fundirse tamén. O derrubeproduciuse no cruce de Cornide, no entronque coa estrada Xeve-Amil-Espedregueira. Neste tramo vai ser necesario construír un muro de contención, repoñer o terraplén e o firme da estrada e consolidar a estrutura da estrada para que non siga derrubándose.
Nestes momentos xa se atopan no lugar varias máquinas traballando nas tarefas de limpeza da zona e no inicio da construción do muro.
A urxencia da obra vén determinada tanto polo perigo de que se siga destruíndo a estrada como porque o corte deste treito está obrigando aos vehículos a desviarse por camiños rurais estreitos e en malas condicións.
Proxecto de reforma en marcha
Precisamente –e tal e como lembrou Rafael Louzán na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno- nesta estrada está pendente unha actuación de mellora por un importe próximo ao millón de euros, que foi aprobada no último pleno e que, aínda que non afecta directamente ao treito danado polo temporal, si se executará na mesma estrada e a pouca distancia.
Trátase, concretamente, dunha modificación do trazado entre os lugares de O Parañés e O Vexildo, nun treito que actualmente ocupa 1,2 quilómetros de longo e que quedará notablemente reducido co novo trazado.
Louzán destacou que se trata dunha “variante moi importante”, que vai mellorar a seguridade viaria e o tráfico nunha vía que dá acceso ao santuario dos Miragres de Amil desde o concello de Barro.
Actuacións en Figueirido
Ademais, da estrada Mane-Rebón, a Deputación tamén preparando o expediente para a contratación doutra obra en Figueirido, na subida ao acuartelamento da Brilat, onde tamén se produciu un derrube.
Os traballos que se teñen que realizar son tamén a construción dun muro de contención e a reposición da calzada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario