A XUNTA DESTINA PRETO DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS A EMPRESAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de enero de 2014

A XUNTA DESTINA PRETO DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS A EMPRESAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS



       
§         O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asegurou que 50 empresas pontevedresas do sector agrícola e forestal beneficiáronse destas achegas
§         O obxectivo da mesmas é impulsar a modernización e innovación tecnolóxica dos centros produtivos
§         Cores Tourís indicou que a través destas liñas de apoio, cofinanciadas con fondos Feader, búscase “dar un pulo na mellora de sectores estratéxicos do tecido socioeconómico da provincia como é o vitivinícola e o cárnico” 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar, destina preto de 3,6 millóns de euros a empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais na provincia de Pontevedra, co  obxectivo de impulsar a modernización e innovación tecnolóxica dos seus centros produtivos.

As axudas, cofinanciadas con fondos europeos Feader, veñen de facerse públicas no día de hoxe mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e, no mesmo recóllense unhas achegas económicas que ascenden a 3.596.826,1 euros para o caso de 50 empresas e explotacións radicadas na provincia de Pontevedra.
Estas axudas teñen por finalidade incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. “Esta colaboración económica por parte do Executivo galego ten por obxectivo impulsar a modernización e innovación tecnolóxica dos centros produtivos”, segundo matizou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Estas subvencións destináronse as empresas que realizan investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, así como as microempresas dedicadas á serradura de madeira.
No caso da provincia de Pontevedra beneficiáronse gran número de empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos vitivinícolas, en total 27, que recibirán algo máis de 1,6 millóns de euros. Neste senso, o delegado territorial fixo fincapé en que a través destas liñas de apoio actúase de modo importante “na mellora dun sector estratéxico do tecido socioeconómico da provincia como é o vitivinícola”, colaborando con financiamento “para dar un pulo na modernización das instalacións e das liñas de produción das mesmas. Non podemos esquecer que o viño é un sector en alza, cun importante aumento do número de vendas, especialmente, a través das exportacións”.  

Outro dos sectores beneficiados por estas axudas é o da comercialización e distribución de carne e leite. Así, en total, 18 empresas, a maioría da comarca do Deza-Tabeirós, recibirán tamén algo máis de 1,6 millóns de euros.

O resto das empresas beneficiarias dedícanse ao sector forestal e de turismo rural.

Así mesmo, cómpre destacar que dende hai unha semana está aberto xa o prazo de presentación das solicitudes da convocatoria de axudas do ano 2014 para promover a transformación e comercialización de produtos agrarios. O prazo de presentación das solicitudes remata o día 27 de xaneiro. Destas axudas está excluído o sector vitivinícola, que conta cunha orde específica, publicada o día 24 de decembro. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario