APROBADO O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE HERBA SINTÉTICA ENBARRO, CUN ORZAMENTO DE 500.000 EUROS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 17 de enero de 2014

APROBADO O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE HERBA SINTÉTICA ENBARRO, CUN ORZAMENTO DE 500.000 EUROS



Tamén se dotará dunha grada, aproveitando o noiro existente nun dos laterais do campo

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá o proxecto para a construción dun campo de herba artificial no concello de Barro. Tal e como sinalou o presidente da administración provincial, Rafael Louzán, a obra conta cun orzamento de 494.354 euros e ben a dar resposta á demanda dos veciños e veciñas desta localidade de contar con instalacións deste tipo para a práctica do fútbol.
A obra consistirá na transformación do actual campo de terra nun campo de céspede artificial de última xeración. Así mesmo, o campo marcarase para un terreo de xogo de fútbol once e dous de fútbol sete, gañando así en funcionalidade e permitindo unha utilización máis intensiva.
As obras incluirán movemento de terras para adecuar o terreo, a construción ca base de asfalto necesaria para a instalación da herba sintética, a colocación desta e a dotación dun sistema de recollida de pluviais e dun sistema de rego para o campo.
Tamén se construirá unha grada aproveitando o noiro existente nun dos laterais do campo e instalaranse novas columnas de iluminación.
O perímetro do campo dotarase de redes recolle balóns e dun camiño pavimentado con asfalto.
Unha vez aprobado o proxecto, Rafael Louzán afirmou que nos próximos días sairá a licitación, para que tamén este concello poida dispor dunhas infraestruturas que xa teñen outros concellos da provincia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario