MÁIS DE 7.000 CONTRIBUÍNTES DA COMARCA DE PONTEVEDRA PODERÁN ACOLLERSE AO PLAN PERSONALIZADO DE PAGAMENTOS DO ORAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 30 de enero de 2014

MÁIS DE 7.000 CONTRIBUÍNTES DA COMARCA DE PONTEVEDRA PODERÁN ACOLLERSE AO PLAN PERSONALIZADO DE PAGAMENTOS DO ORAL


O prazo para acollerse a este sistema de pagamento fraccionado remata o 28 de febreiro
·       No conxunto da provincia, a cifra ascende a preto de 110.000 contribuíntes
O plan personalizado de pagamento que a Deputación de Pontevedra, a través do ORAL, vén de poñer en marcha para facilitarlle ao contribuínte o cumprimento das súas obrigas tributarias, poderá beneficiar na comarca de Pontevedra a máis de 7.000 persoas.
Así se desprende da análise dos datos correspondentes a 2013, dos que se deduce que en torno a ese número de contribuíntes pagan anualmente máis de 240 euros en concepto de IBI, IAE e Vehículos, vén sexa por un recibo único ou pola suma de dous ou máis.
A todos eles, O Oral ofrécelle a posibilidade de acollerse a un plan que lle vai permitir fraccionar en 8 cotas mensuais estes recibos, agrupándoos todos e xestionándoos como se dun só se tratarse.
Os interesados en acollerse a este plan –que ascenden a un total de 109.953 en toda a provincia– poderán facelo ata o 28 de febreiro, cos únicos requisitos de domiciliar o pagamento; non ter débedas pendentes de pagamento en período executivo e facilitar un número de teléfono de contacto e dirección de correo electrónico; e que os recibos que queira fraccionar superen no seu conxunto a cifra antes citada co obxectivo de que as cotas mensuais mínimas sexan de 30 euros –dado que o fraccionamento en cotas inferiores non resultaría eficiente, debido aos gastos que leva consigo–.
Na comarca de Pontevedra, onde todos os concellos, a excepción da capital, están adheridos ao ORAL, constátase que son 7.642 os recibos de IBI que superan os 175 euros. Abondaría, pois, con que os titulares deses recibos conten cun vehículo da súa propiedade para que sumado o imposto de circulación (que na maioría dos vehículos supera os 70 euros) se acade a cifra dos 240 euros que permite acollerse ao Plan Personalizado de Pago.
A maioría dos posibles beneficiarios deste plan na comarca concéntranse no concello de Poio, con máis de 4.000 contribuíntes con posibilidade de acollerse ao mesmo, por tratarse do municipio máis urbano dos 7 que confirman esta área. Nos demais concellos (Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas e A Lama) o número de posibles beneficiarios sitúase entre os 200 e os 900.
A eles hai que sumar os contribuíntes que contan con recibos do imposto de Actividades Económicas, que en practicamente todos os casos superan os 240 euros e que tamén se poderán coller a este plan.
Sistema especial de pagamento do IBI
Malia que aqueles contribuíntes que non acaden a antedita contía non poderán acollerse a este plan, si poden beneficiarse de outros sistemas que o Oral ten en marcha para a facilitarlle o cumprimento das súas obrigas tributarias.
Entre eles está o fraccionamento ordinario dos recibos (ao que pode acollerse calquera contribuínte) pero tamén o sistema especial de pagamento do IBI, posto en marcha no pasado exercicio.
Con este sistema especial, os interesados poden pagar en dúas cotas, sen ningún tipo de interese nin recargo, os seus recibos do imposto de bens inmobles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario