A DEPUTACIÓN ESTABLECE UN NOVO SISTEMA PARA FACILITARLLE AOS CONCELLOS O FINANCIAMENTO DO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOSada - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 30 de enero de 2014

A DEPUTACIÓN ESTABLECE UN NOVO SISTEMA PARA FACILITARLLE AOS CONCELLOS O FINANCIAMENTO DO SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOSada


A deputada Marta Iglesias participou hoxe nunha xuntanza de traballo con máis de 50 traballadores sociais 

·       Ata o de agora a achega da Deputación establecíase no marco de convenios individuais con cada concello
·       Persoal da Deputación ofreceu hoxe asesoramento aos técnicos municipais para a tramitación das axudas
·       A achega da Deputación, que ascende a 2,2 millóns de euros, cubrirá o servizo de axuda no fogar e os custes de preto dun cento de profesionais con perfil complementario ao do traballador social
A deputada Marta Iglesias e técnicos do departamento de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra mantiveron hoxe unha xuntanza con máis de 50 traballadores e traballadoras sociais dos concellos de menos de 20.000 habitantes para asesoralos e facilitarlles a tramitación das axudas que a Administración Provincial destinará neste ano ao financiamento dos servizos sociais básicos e que ascenden a 2.247.530 euros.
Esta xuntanza vén motivada polo novo modelo que a Deputación puxo en marcha para facilitarlle aos concellos a tramitación e axilizar a concesión das axudas.
Se ata o de agora a achega da Administración provincial se facía en base a convenios individuais con cada concello, no que o municipio se comprometía a achegar o 20% do custe total dos servizos; agora o que se abre é unha liña de axudas regulada por bases, que non contemplan a obrigatoriedade desa achega do 20% e á que os concellos se poden acoller presentando os correspondentes formularios de solicitude e o proxecto descritivo dos servizos sociais que presta.
A contía das achegas establécese en función de módulos que se calculan tendo en conta os custes salariais do persoal (segundo o seu perfil profesional, titulación e tipo de xornada laboral) e o material necesario no programa de Axuda no Fogar.
Esta achega permitirá dar cobertura a un servizo como é o de axuda no fogar e aos preto de 100 profesionais que desenvolven o seu labor nos servizos sociais municipais e que complementan o labor do traballador social.
O obxectivo da Deputación é que os concellos poidan dispor canto antes de liquidez para a prestación destes servizos, que resultan de gran relevancia, xa que se trata de dar atención as persoas con maiores necesidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario