O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS BUSCA FOGAR PARA LUCÍA E LUCIANA, DÚAS CADELIÑAS RESCATADAS TRAS SER ABANDONADAS NUN CONTEDOR DE AUGA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 12 de enero de 2014

O CENTRO DE ACOLLIDA DE ANIMAIS BUSCA FOGAR PARA LUCÍA E LUCIANA, DÚAS CADELIÑAS RESCATADAS TRAS SER ABANDONADAS NUN CONTEDOR DE AUGA


Foron atopadas en Sanxenxo por unha traballadora da empresa Espina e Delfín

·       Os cachorros xa se atopan en perfecto estado de saúde no centro dependente da Deputación, en Meis
O Centro de Acollida de Animais Abandonados de Meis, dependente da Deputación, busca un novo fogar para dúas cadeliñas de mes e medio que foron rescatadas dunha morte segura, tras aparecer abandonadas nun contedor de auga.
Os traballadores do centro recolléronas despois de que o 9 de xaneiro recibiran un aviso do Concello de Sanxenxo. Os dous cachorros foron atopados por unha traballadora da empresa Espina e Delfín, salvándose así dunha morte segura por afogamento.
Trátase de dúas cadeliñas de cor branco e marrón, cruce de beagle.
Hoxe, despois das revisións veterinarias, atópanse en perfecto estado de saúde, esperando unha adopción para poder iniciar unha nova vida no fogar que se merecen, malia que haberá que ata o 29 de xaneiro para que a adopción se poida facer efectiva, cumprindo así cos 20 días de espera que a lei establece.
A Deputación de Pontevedra e o Centro de Acollida están desenvolvendo diversas accións orientadas a crear a conciencia social para que casos coma este non se dean.
Nesta liña, vaise levar a cabo unha campaña de concienciación cidadá nos colexios, orientada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, co obxectivo tanto de que os que hoxe son cativos sexan nun futuro adultos responsables, como para que os propios pequenos sirvan de cadea de transmisión dos valores de respecto e protección dos animais.
Calquera persoa interesada en adoptar a Lucía e Luciana ou a calquera dos outros animais que se atopan no CAAN á espera dunha familia, pode visitar o centro, consultar a páxina web (www.caan.depo.es) ou chamar por teléfono ao 608 975 326, onde obterá toda a información que precise.
A adopción non supón ningún custe para o interesado e os animais adoptados no CAAN son entregados aos seus novos propietarios desparasitados, vacinados e identificados co microchip. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario