Discorrerá por máis de 15 concellos, entre os que figuran Cuntis, Moraña, Caldas, Vilagarcía e Cambados
· O Monte Castrove, en Meis, será o
final de etapa
· A Deputación e Unipublic confían en
pechar esta semana o percorrido da segunda etapa que discorrerá pola provincia
· Por terceiro ano consecutivo, a
provincia de Pontevedra promocionarase a nivel mundial a través dunha das máis
relevantes probas ciclistas
· A caravana da Volta hospedarase
durante tres noites en diversos hoteis da provincia de Pontevedra
A
Estrada será, por primeira vez na historia, punto de partida dunha etapa da
Volta Ciclista a España, despois de que as xestións da Deputación de Pontevedra
conseguisen pechar, por terceiro ano consecutivo, a presenza desta proba
ciclista na provincia.
O
inicio desta etapa na Estrada obedece á intención da Deputación de promover o
conxunto da provincia, achegando a proba ciclista aos concellos do interior e é
froito tamén da implicación do rexedor local e deputado provincial, José López
Campos, que xa analizara con Rafael Louzán en varias ocasións as posibilidades
de levar este evento ao concello.
De
feito, a saída dunha das últimas etapas da Volta a España desde A Estrada
pretende non só ser un elemento de dinamización económica e promoción
turística, senón tamén servir de homenaxe á tradición ciclista deste concello,
reflexada no histórico Club Ciclista Estradense, no Bike Estrada e en
recoñecidos ciclistas que disputaron a Volta a España en distintas edicións
anteriores.
A
etapa disputarase o xoves, 11 de setembro, e percorrerá máis de 15 concellos
das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Caldas, Arousa e Pontevedra. Así,
desde A Estrada seguirá cun percorrido polos concellos de Cuntis, Moraña,
Caldas de Reis, adentrándose no Salnés, onde pasará por Vilagarcía, Cambados e
outros municipios da comarca. Achegarase tamén ao Mosteiro de Armenteira, para
rematar no alto do Monte Castrove, no concello de Meis, co campo de golf como
telón de fondo e cunhas excelentes vistas sobre as rías de Arousa e Pontevedra.
Segunda etapa
A
Deputación de Pontevedra e os organizadores da Volta teñen acordada tamén a
celebración dunha segunda etapa na que se lle quere dar peso ao sur da
provincia, pero traballan aínda para pechar os detalles do percorrido, que se
agarda ter concretado ao longo da vindeira semana.
Coa
deste ano son xa tres edicións consecutivas nas que a Volta Ciclista a España
servirá de embaixadora da provincia no mundo, achegando a mellor imaxe de
Pontevedra a máis de 170 países de todo o mundo.
Dinamización económica e turística
O
obxectivo da Deputación de Pontevedra é conseguir que, un ano máis, a Volta a
España supoña un revulsivo económico para a provincia de Pontevedra e, especialmente,
nos concellos polos que pasa.
De
feito, a Administración provincial confirma que a caravana da Volta se
hospedará durante tres noites en hoteis da provincia de Pontevedra, servindo
como revulsivo para un sector estratéxico na provincia e contribuíndo deste
xeito a prolongar a ocupación hostaleira, dado que a proba se disputa na
provincia cando xa pasou a temporada alta do turismo.
A experiencia
dos dous anos previos demostra que este evento deportivo supón un notable
movemento económico no sector hostaleiro e de restauración, ademais de ter un
extraordinario efecto de promoción turística.
A
implicación da Xunta de Galicia, a través da secretaria xeral para o Turismo
que dirixe a pontevedresa Nava Castro, facilitará que unha vez máis Galicia, e
con ela Pontevedra, se converta no centro de referencia do ciclismo
internacional e se beneficie da presenza dun dos eventos deportivos con
excelentes efectos promocionais e de dinamización económica sobre os lugares
polos que pasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario