Rafael Louzán visitou onte a estrada, que permanecía pechada desde o día 6, tras sufrir un derrube a causa das choivas
- Foi preciso construír a reconstrución da parte da estrada arrastrada ata o río e a construción dun muro de contención
A Deputación de Pontevedra reabriu esta mañá ao tráfico a estrada Mane-Rebón, despois de que rematasen as obras de reparación dos danos causados pola choiva o pasado 6 de xaneiro.
A estrada levaba cortada desde ese día, cando a consecuencia das abondosas choivas, se produciu o derrubamento dun dos carrís da estrada, quedando o outro con serio risco de desprendemento.
Rafael Louzán subliñou que os traballos que se levaron a cabo supuxeron un investimento de preto de 100.000 euros e consistiron na reconstrución da parte da estrada caída sobre o río Agra e na construción dun muro de contención que estabilice e consolide a plataforma da estrada.
O derrubamento produciuse no cruce de Cornide, no entronque da estrada Mane-Rebóncoa de Xeve-Amil-Espedregueira, nunha estrada que sirve tamén de acceso ao santuario dos Miragres de Amil desde Barro.
O presidente da Deputación incidiu en que a reapertura desta estrada permite recuperar a normalidade aos veciños e veciñas da zona, que ata o de agora tiveron que valerse de desvíos por camiños rurais ou dunha alternativa cun rodeo de 6 quilómetros.
Proxecto en licitación
Así mesmo, Rafael Louzán lembrou que a mellora desta estrada está, precisamente, en proceso de licitación, xa que existía un proxecto de ancheamento e variación do trazado xa en marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario