- · Na EP Ponte Val-Barciademera, onde tivo lugar un afundimento da calzada, está a punto de adxudicarse unha mellora integral por 573.000 euros
- · As brigadas provinciais interviron en anegamentos e cortes de estradas en vías de Pontevedra, Marín, Moraña, Mondariz, Ribadumia e Gondomar
- · As caídas de arbres foron numerosas en diversos concellos
A Deputación de Pontevedra está a levar a cabo intervencións de urxencia para repoñer desperfectos ocasionados polo temporal en diversas vías provinciais.
A máis importante tén lugar na EP Ponte Val-Barciademera, na parroquia de Gargamala, onde <desapareceu> a estrada debido ao afundimento da calzada producido polo temporal. As brigadas de obras da Deputación xa están a limpar o tramo e intentar repoñer o paso. Pero dase a circunstancia de que o concurso público convocado pola institución provincial para o ancheamento e mellora desta estrada está na fase de apertura de ofertas polo que a Deputación medita _en vista de que a vía estará cortada polo menos dous meses para poder reparala_ adxudicala para que a empresa gañadora do concurso realice xa a mellor integral do tramo.
O pasado 3 de decembro a Deputación abreu un prazo para presentar ofertas para o ensanche e mellora da EP Ponte Val-Barciademera, dende o kilómetro 1,5 ata o 2,6, por 573.323 euros. Este tramo tén unha intensidade media de tráfico de 1.500 vehículos ao día. O proxecto da Deputación en curso, a punto de ser adxudicado, prevé ampliar a calzada dos 5 metros actuáis ata os 7 metros.
Intervencións máis salientables
As intervencións máis salientables tiveron lugar na EP Marco-Tomeza-Figueirido que, debido aos anegamentos de auga, tivo que ser cortada, o mesmo que sucedeu na EP Caldas-Vilanoviña onde foi preciso cortar un carril no kilómetro 5, á altura dos Pazos de Lantaño, en dirección a Caldas.
No Concello de Marín, un desprendimento de terra na estrada SEixo-Santo Tomé de Piñeiro, debaixo da Via Rápida, provocou o corte dun carril.
Outra grave incidencia ocurreu na EP Mané-Rebón, no Concello de Moraña, onde un derrubamento ocupou a metade da calzada á altura da ponte de Cornide, e a outra metade presentaba un mal estado.
Na EP Ponte Val-Barciademera, no Concello de Mondariz, parroquia de Riofrío, lugar de Cernadela, unha bolsa de auga cortou esta estrada que, na parroquia de Gargamala, sufreu un afundimento na calzada.
No Concello de Ribadumia, na EP Muiños Novos-Tabueiros, inundouse a estrada dende a Piscina de Ribadumia ata a gasoliñeira de Pontearnelas.
Finalmente, na EP Gondomar-Chain-Morgadáns, no Concello de Gondomar, un desprendimento de terra, unido ao atranco dunha taxea, provocou importantes retencións de tráfico.
Arbres caídos
As intervencións das brigadas provinciais foron numerosas debido ás caídas de arbres nas estradas que supoñían unha grande perigosidade para o tráfico. Estas incidencias tiveron lugar nas EP Villar-Albeos (Crecente), Couso-Angueiros (Campo Lameiro), A Cañiza-Arbo, Caldas-Carracedo-Catoira, Dozón-Rocha, A Estrada-Forcarei (en Guimarei, antes da ponte de Tabeirós), Ponteareas-As Neves, Areas-Alxán-Cabreira (Ponteareas), Ponteareas-As Neves (en Cristiñade), A Cañiza-Pousa e Mosende-Morgadáns (A Cañiza).
Outras incidencias, como manchas de gasoil na EP Baiona-Lourenza, ou a presenza dun can morto de gran tamaño en Portonovo mereceron tamén a intervención das brigadas provinciais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario