O Plan de Vialidade invernal ponse en funcionamento nas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra co obxectivo de incrementar a seguridade viaria - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 16 de noviembre de 2015

O Plan de Vialidade invernal ponse en funcionamento nas estradas autonómicas da provincia de Pontevedra co obxectivo de incrementar a seguridade viaria





§         Este operativo garante unhas óptimas condicións de circulación pola rede de estradas de titularidade autonómica ante as posibles condicións meteorolóxicas adversas
§         Os orzamentos de 2016 poñen a disposición 25,2 millóns de euros para asegurar a vialidade invernal e a conservación ordinaria da rede autonómica de estradas. Estes contratos contemplarán dende actuacións como desbroce e limpeza das marxes da estrada, reposición da sinalización ata pequenas reparacións funcionais

A Xunta activou o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Pontevedra, coa mobilización de 9 máquinas quitaneves e máis de 600 toneladas de fundentes para garantir unha circulación segura.

Nesta provincia haberá 2 centros operativos, un no norte, en Pontevedra; e outro no sur da provincia, en Salvaterra. Dende estes centros coordinaranse os subcentros situados en Pontevedra, Lalín, Salvaterra e Gondomar. Na seguinte táboa pódense ver onde estarán ubicados estes centros.
 
No operativo disposto para este ano na provincia pontevedresa participan 105 persoas, que se encargarán das tarefas necesarias para evitar a acumulación de neve e xeo na rede autonómica desta área.

Plan de Vialidade Invernal
Estas actuacións desenvólvense no marco do Plan de Vialidade Invernal, eido para o que a Xunta destina máis de 116 millóns de euros, concretamente en materia de vialidade e conservación ordinaria, para os vindeiros 4 anos.

Galicia conta cunha das redes viarias máis extensas de España: sumando as redes do Estado, da Comunidade e das deputacións provinciais, contabilízanse 18.000 km. de estradas, dos cales 5.500 son de titularidade autonómica. Neste sentido, conservar estes eixes de comunicación que vertebran o territorio requiren de importantes esforzos e inxentes recursos, motivo polo que nos últimos anos a Xunta sempre situou a conservación e a seguridade na rede de estradas como prioridade.

A Xunta identificou 965 quilómetros de estradas que teñen maior risco de padecer as consecuencias da neve e tamén do xeo; o 86% deles nas provincias do interior, de Ourense e de Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario