A XUNTA EXPÓN AS MEDIDAS DA SÚA POLÍTICA SOCIAL DE VIVENDA NAS ‘XORNADAS DE DEREITO AO CONSUMO’ - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 14 de noviembre de 2015

A XUNTA EXPÓN AS MEDIDAS DA SÚA POLÍTICA SOCIAL DE VIVENDA NAS ‘XORNADAS DE DEREITO AO CONSUMO’





§                     O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou neste encontro organizado polo Colexio de Avogados e a Universidade da Coruña
§                     Os asistentes, maioritariamente avogados, recoñeceron a magnitude das medidas adoptadas

A Xunta de Galicia presentou hoxe as medidas que compoñen a súa política social de vivenda no transcurso das ‘VII Xornadas de dereito ao consumo”, organizadas polo Colexio de Avogados e a Universidade da Coruña. Segundo explicou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, Galicia conta cun amplo abano de medidas dirixidas a evitar ou paliar os efectos da perda da vivenda habitual a causa de execucións hipotecarias ou impagos do alugueiro.

Ante un auditorio composto maioritariamente por profesionais do dereito, o director presentou un conxunto de medidas contra os desafiuzamentos difícil de atopar en calquera outra comunidade autónoma. Os asistentes manifestaron, na quenda de preguntas, o seu recoñecemento da magnitude e variedade das medidas adoptadas pola Xunta en materia de protección das familias afectadas polo impago de hipotecas e alugueiros.

Heriberto García explicou que xa a Lei de Vivenda de Galicia, aprobada en 2012, establece medidas para evitar os desafiuzamentos nas vivendas de promoción publica e permitir a dación en pago nas vivendas protexidas.

Nese mesmo ano, o Consello da Xunta aprobou o programa de “Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias” que segue en vigor e que ten por finalidade dar cobertura a todas as persoas que perdan a súa única vivenda nun procedemento de execución hipotecaria e teñan uns ingresos ponderados inferiores a 2,5 veces o IPREM. Ese programa, concretou, permitiu dar resposta a todos os solicitantes que cumprían os requisitos.

O realoxo dos afectados por execucións hipotecarias realízase preferentemente en vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou en vivendas cedidas para tal fin polas entidades financeiras ou a Sareb.

Segundo explicou, a política social de vivenda viuse reforzada coa aprobación, a comezos deste ano 2015, do Plan rehaVita, o primeiro plan autonómico de vivenda, que pon o acento nas medidas destinadas a garantir un fogar as familias que máis apoio necesitan.

Nese marco, a Xunta aprobou no mes de agosto de 2015 o Bono de alugueiro social, unha medida que evita os desaloxos da vivenda por impago do alugueiro ou palía os efectos do mesmo. Trátase dunha axuda urxente de 150 euros mensuais por un período de ata dous anos, máis unha axuda adicional de 450 euros que permite facer fronte ao pago de atrasos ou aos gastos dun novo contrato de alugueiro.

Ademais, a Xunta conta con programas e medidas tendentes a evitar os desafiuzamentos, como o Programa Reconduce, que xa atendeu a 344 familias, das que a meirande parte corrían o risco de perder a súa vivenda habitual ou presentaban serios problemas de sobreendebedamento que lles impedía afrontar o pago da hipoteca.

Tamén se asinou un convenio entre a Xunta, Fegamp, Consello Xeral do Poder Xudicial co obxecto de establecer un protocolo de actuación conxunta para detectar os casos de especial vulnerabilidade en procedementos de lanzamento de vivenda familiar e adoptar medidas de carácter social e de realoxo que evite os efectos da perda de vivenda.

Pola súa parte, a Xunta asinou o pasado verán convenios con Abanca, Caixa Rural Galega e Banco de Sabadell, e previsiblemente o fará no futuro con novas entidades, cun dobre obxectivo:

1.      Posibilitar a permanencia na vivenda das persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria instados pola entidade, cun alugueiro mensual que non superará o 75 euros

2.      Cesión de vivendas baleiras propiedade das entidades financeiras, para destinalas a alugueiro social por parte do IGVS, con prezo nunca superior a 125 euros mensuais.

Ademais, en 2016 crearase o Censo de Vivendas Baleiras, que permitirá coñecer a situación real das vivendas baleiras en Galicia, propiedade de entidades financeiras e da SAREB, co obxecto de poder deseñar as oportunas políticas públicas orientadas á ocupación das mesmas



SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA  CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario