§ O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra mantivo unha reunión con representantes deste colectivo e
de tecores de la provincia para analizar a diminución destas especies nos
montes pontevedreses
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores
Tourís, mantivo unha reunión con representantes da Federación Galega
de Caza e de tecores da provincia para analizar a diminución das especies de
caza menor e do seu hábitat nos montes pontevedreses. Tamén estivo presente o
xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, José Luis Díez.
Deste
xeito, Cores Tourís recolleu a preocupación deste colectivo pola presenza cada
vez menor de coellos e perdices nos montes pontevedreses, a causa tanto da
presenza de depredadores como raposos, cans e gatos asilvestrados e visóns,
como da desaparición do seu hábitat.
Esta é a
razón pola que solicitaron a posta en marcha dun protocolo de colaboración
entre a Federación e a Xunta (a través dos Servizos de Montes, Loita contra
Incendios, e da Consellería de Medio Ambiente) de cara a traballar para a
recuperación deste tipo de especies así como das zonas onde habitan.
Entre as
medidas que se pretenden poñer en marcha grazas a este protocolo se atoparían a
roza de zonas de monte, a xestión dos terreos dos tecores, o control dos
depredadores e a posta en marcha de subvencións para a recuperación destes
hábitats.
“Somos
conservacionistas”, asegurou o presidente provincial da Federación, Francisco Couselo, “desexamos a mellora da natureza e por iso queremos volver a ver
coellos e perdices nos nosos montes”.
Con este
fin, a Federación Galega de Caza está a manter, dende fai semanas, reunións
individuais e comarcais, cos tecores da provincia de cara a recoller as súas
inquedanzas e buscar solucións a cada caso concreto. “Cada tecor é diferente e
por eso temos que escoitar un a un”, engadiu Couselo.
Durante
estas reunións, dende a Federación están a recordar aos representantes dos
tecores que “é de vital importancia que calquera incidencia de danos producidos
por depredadores sexa comunicada ao 012, un teléfono que, ademais, é gratuíto.
Deste xeito, queda constancia do acontecido e se poden poñer en marcha medidas
que atallen que estes danos vaian en aumento na zona afectada”, rematou Francisco Couselo, quen aproveito a reunión co delegado
territorial para agradecer o encontro que mantiveron onte os catro presidentes
da Federación Galega de Caza coa nova conselleira de Medio Ambiente, con quen
analizaron a situación deste sector, “que é o segundo en número de afiliados en
Galicia despois da Federación de Fútbol”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario