“Coñece a túa
provincia” executarase ata o 31 de decembro de 2015
Dentro do marco do programa “Coñece a túa
provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos
sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán
descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.
O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á
dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa
o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en
valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu
desenvolvemento económico.
Participan no programa entidades de iniciativa
social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con
diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada
de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de
viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas.
Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios
da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo
Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis,
Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela,
Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario