A Presidenta da Deputación destaca o concurso aberto e transparente para o posto do novo xerente
do Consorcio Contra Incendios.
Denunciando que antes o facían con criterios políticos, agora o posto ocupao 0 ex-candidato do BNG á alcaldía de Forcarei no ano 2015.
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou
hoxe tras manter a primeira xuntanza co novo xerente do Consorcio Contra
Incendios, que agora toca garantir que este servizo sexa “o máis eficaz e áxil
posible e que esa vai ser a misión do novo responsable”.
Silva mantivo hoxe a primeira xuntanza de traballo
co novo xerente do Consorcio, Roberto Jorge Correa, que foi nomeado fai apenas
uns días tras a celebración do concurso público para a praza. Precisamente a
Presidenta subliñou que ate de agora esta praza de alta dirección viña sendo
adxudicada por criterios políticos, cousa que “coa nova Deputación o sistema de
provisión destes postos de alta dirección mudou porque queremos técnicos e
profesionais neles e garantir sempre a igualdade de condicións e acceso”.
Curiosamente tras esta afirmación, o nomeado foi o candidato do BNG á alcaldía de Forcarei nas eleccións municipais do 2015.
O novo xerente Roberto Jorge Correa, que foi o único
que se presentou ao concurso-oposición,
é enxeñeiro forestal e ten experiencia na loita contra incendios ao
desenvolver o seu traballo, ate de agora, no servizo contra os lumes
forestais da Xunta de Galicia.
Carmela Silva afirmou sentirse encantada co novo
xerente e o seu perfil técnico, ademais de ser un gran coñecedor do sector e
por “ter un gran compromiso persoal con este servizo público, tan sensible,
como é a loita contra incendios”.
A Presidenta, neste primeiro encontro, xa marcoulle
unha serie de obxectivos para garantir un servizo máis áxil e eficaz polo que
terá que analizar a situación actual do Consorcio e propor aquelas medidas que
considere necesario corrixir, tanto por parte da Deputación como por parte da
empresa prestadora do servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario