Galicia dedicou o seu ‘Día das Artes’ a Castelao, un recoñecemento á expresión plástica e creativa do noso país ao longo da historia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 2 de abril de 2016

Galicia dedicou o seu ‘Día das Artes’ a Castelao, un recoñecemento á expresión plástica e creativa do noso país ao longo da historia


O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, participou esta tarde nos actos organizados pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA)

Galicia celebra hoxe o seu ‘Día das Artes, unha conmemoración impulsada pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (RAGBA) co fin de recoñecer traxectoria e evolución da expresión plástica dos creadores e creadoras do noso país ao longo da historia.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde en Pontevedra nos actos deste ano, que están dedicados a Alfonso D. Rodríguez Castelao, unha figura que destaca sobre todo polas súas calidades artísticas polifacéticas e que foi capaz de canalizar o seu talento a través de múltiples formas artísticas que abarcan a música, a ilustración, a pintura, o ensaio, a narrativa, o teatro e o deseño.
A Academia de Belas Artes estableceu por primeira vez o ano pasado a conmemoración neste día en lembranza do 1 de abril de 1188, a data que figura no lintel do Pórtico da Gloria certificando que o Meste Mateo -a quen se dedicou o primeiro ‘Día das Artes Galegas’- foi o seu artífice.
O Museo de Pontevedra acolleu hoxe os actos de celebración, que foron presentados polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo. Posteriormente a académica Mª Victoria Carballo-Calero Ramos pronunciou unha conferencia baixo o título “Xénese e configuración do Álbum Nós”.
Logo das intervencións, os asistentes fixeron un percorrido pola exposición “Castelao Artista. Os fundamentos do seu estilo”, que permanecerá aberta ata finais do verán no Sexto Edificio do Museo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario